Paul Tillich: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
m Arranxos varios
Liña 14:
== Pensamento ==
[[Ficheiro:Paul Johannes Tillich's gravestone in the Paul Tillich Park, New Harmony, Indiana.jpg|miniatura|200px|Lápida de Paul Tillich no parque Paul Tillich, New Harmony, [[Indiana]], [[Estados Unidos de América|EUA]].]]
Clave para compender o pensamento de Tillich e o método de ''correlación''. As cuestións existenciais do home están asociadas ao eido da filosofía, e máis especificamente ao da [[ontoloxía]], tal como a entendía o [[existencialismo]] en autores como [[Heidegger]]. Correlativamente, as respostas a esas cuestións atópanse no [[cristianismo]]. Deste xeito, empézase por unha análise ontolóxica da existencia humana e as ambigüidades que o ameazan, análise que abrangue a dimensión psicolóxica, social, cultural, histórica e relixiosa do home.
 
A literatura é pródiga en loubanzas á grandeza do [[universo]] físico que apunta ao [[misterio]] cualitativo das estruturas de cada partícula do mesmo, así como á estrutura do todo. Misterioso significa aquí a infinitude de preguntas que cada resposta enfronta á mente humana. Pola súa banda, a autotrascendencia da vida leva consigo as condicións do carácter tráxico da vida, a ambigüidade do grande e do tráxico, tal como xa se ve en [[Grecia]]. Finalmente está o amor que inclúe o coñecemento da persoa amada alén da análise e a manipulación calculadora; é máis ben o coñecemento participante o que cambia tanto á persoa que coñece como a que é coñecida e que lles arrastra a unha unidade trascendente que lles restableza a plenitude(''agape''). Pero, nos mesmos actos de afirmación e entrega, reaparece ameazante a ambigüidade da vida. A relixión é a consecuencia da [[alienación]] do home do fondo do seu ser e dos seus intentos por retornar a el.
Liña 22:
No feito cristiá ese Deus participa plenamente na dimensión finita e negativa do home, cuxa máxima expresión é a morte en cruz. E faino para pasar á plenitude da vida do ser na [[resurrección]].
 
Se o ser en canto ser é bo -tal como afirmou [[Agostiño de Hipona]] contra o [[maniqueísmo]]- ningunha cousa que exista pode trocarse en completamente mala. Se algo existe, se ten ser, está incluída no amor divino creador, o que priva ao símbolo do [[inferno]] do seu carácter de condenación eterna.
 
O ser total, incluíndo os aspectos conscientes e inconscientes de todo individuo, está amplamente determinado polas condicións sociais que lle influencian ao entrar na existencia; o individuo é interdependente. Quen queira que condene a alguén á morte enterna condénase a si mesmo, porque a súa esencia e a do outro non poden estar afastadas absolutamente. En Xesús, a plenitude é un acontecemento absoluto e a través da participación nel o ser é afirmado eternamente. A resurrección inclúe todas as dimensións do ser e supón unha vigorosa afirmación do significado eterno da unicidade da [[persoa]] individual e a súa participación na realización universal que expresa o símbolo: [[Reino de Deus]].
Liña 40:
* [http://www.napts.org/ North American Paul Tillich Society] {{en}}
 
{{ORDENAR:Tillich, Paul}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Tillich, Paul}}
[[Categoría:Teólogos luteranos]]
[[Categoría:Nados en Brandeburgo]]