Pobo vasco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos; cambios estética
m Arranxos varios
Liña 48:
== Historia ==
[[Ficheiro:Basque tribes.gif|miniatura|esquerda|220px|Tribos vascas segundo os xeógrafos romanos sinaladas en vermello, sinaladas en azul as tribos [[celta]]s.]]
Os historiadores romanos afirman que o territorio vasco era habitado dende tempos prerromanos por diversas tribos cuxa lingua non entendían. A distribución rexional destas tribos difere entre os historiadores. Porén, acéptase a teoría de que os vascos son un remanente dos primeiros habitantes do [[paleolítico]] da [[Europa]] occidental, especificamente dos habitantes da rexión francocantábrica. [[Estrabón]] e [[Plinio o Vello]] nomean nos seus escritos as tribos vascas, incluíndo ós [[vascóns]] e ós [[Aquitania|aquitanos]] entre outras. Existen evidencias para afirmar que estas tribos xa falaban [[lingua protovasca|protovasco]].
 
Durante a alta [[Idade Media]], os territorios entre o [[río Ebro]] e o [[río Garona]] eran coñecidos como [[País Vasco (rexión histórica)|Basconia]] e foi unificado baixo o mando dos [[ducado de Vasconia|duques de Vasconia]] por un tempo. Despois das invasións dos musulmáns na [[península Ibérica]] e a expansión francesa de [[Carlomagno]], o territorio fragmentouse. O [[reino de Pamplona]] emerxeu como o principal estado do territorio no [[século IX]]. Sería baixo o mando de [[Sancho III o Maior]] que o reino de Pamplona conseguería a súa máxima extensión territorial, pero despois da súa morte no ano [[1035]], os seus fillos non respectaron o seu testamento que outorgaba o reino ó primoxénito, e despois de moitas loitas, dividiron o territorio, o cal deu lugar a unha nova estrutura política no [[século XII]] formada polos reinos de [[reino de Navarra|Navarra]], [[reino de Aragón|Aragón]] e [[Reino de Castela|Castela]]. Durante a Idade Media, [[Biscaia]] únese voluntariamente ó Reino de Castela.
 
No ano [[1200]], o reino de Navarra perdeu os actuais territorios de [[Áraba]], [[Guipúscoa]] e o [[Duranguesado]], que son anexionados polo monarca castelán. Deste xeito, Navarra, separada dos outros territorios peninsulares do País Vasco, orientou a súa política de expansión cara ó norte e leste, nos territorios fronteirizos con Francia e Aragón. Navarra, foi anexionada parcialmente no [[reino de Castela]] durante os séculos XI e XII, e practicamente na súa totalidade durante [[1512]] e [[1521]]. O resto do territorio do norte foi anexionado por Francia. As tres provincias da actual Euskadi, que se uniran voluntariamente ó reino de Castela, deron o seu apoio á integración de Navarra con Castela.
 
Navarra, Áraba, Guipúscoa e Biscaia conservaron os seus [[Foros xerais vascos|foros]]. Esta situación perdurou até o [[século XIX]], data na que foron parcialmente suprimidos per [[Antonio Cánovas del Castillo]] despois da derrota carlista. Durante o [[franquismo]], só Áraba e Navarra conservaron parte dos seus antigos foros, pero van foron derrogados nas outras dúas provincias por decreto do [[23 de xuño]] de [[1937]] por ser consideradas «Provincias traidoras», suprimindo o primeiro Estatuto de Autonomía Vasco. Este decreto foi parcialmente modificado o [[6 de xuño]] de [[1968]], suprimindo os parágrafos ofensivos para Guipúscoa e Biscaia, pero conservando o resto dos artigos. Foi finalmente derrogado o [[30 de outubro]] de [[1976]].
Liña 60:
== Clasificación ==
[[Ficheiro:Nortasun.png|250px|miniatura|esquerda|Sentimento vasco no [[País Vasco (rexión histórica)|País Vasco]].]]
Teñen trazos diferenciadores nas súas tipoloxías sanguíneas, na súa cultura e na súa lingua,<ref>{{Cita libro |apelido=Zirakzadeh |nome=Cyrus Ernesto |título=A rebellious people: Basques, protests, and politics |url=http://books.google.cat/books?id=6r90-ReqQhAC&pg=PR14&dq=basque+blood+type&hl=ca&ei=5XSTTZThI8ur8AOM9cnmAw&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=2&ved=0CDIQ6AEwAQ#v=onepage&q=basque%20blood%20type&f=false |editorial=University of Nevada Press |páxinas=p.xvi |data=1991 |isbn=0874171733 }}</ref> de raíces non indoeuropeas, en claro contraste coas linguas románicas dos pobos veciños.
 
Existe un forte sentimento nacionalista entre os vascos, especialmente nos residentes en España, que se identifican máis firmemente como vascos que como españois ou franceses. Porén, unha parte destacable dos vascos séntense tanto vascos como españois (ou franceses, nos casos dos vascos do cantón francés).<ref name="Euskobarómetro">[[Euskobarómetro]] series, ''[http://www.ehu.es/cpvweb/pags_directas/euskobarometroFR.html Evolución de la identidad nacional subjetiva de los vascos, 1981-2006]''. "As Basque as Spanish" shows 33% of the citizens of the Basque Autonomous Community in late 2006.</ref> Moitos vascos
Liña 88:
 
{{ORDENAR:Vasco}}
 
[[Categoría:País Vasco]]
[[Categoría:Grupos étnicos da Arxentina]]