Psicoloxía social: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
m →‎Historia: Arranxos varios
Liña 2:
 
== Historia ==
A Psicoloxía Social naceu a mediados do [[século XIX]], na [[Alemaña]], grazas ao traballo de [[Wilhelm Wundt]], quen creou o primeiro laboratorio de psicoloxía en [[Leipzig]].
 
En [[1895]], o [[ciencia|científico]] social [[Francia|francés]] [[Gustave Le Bon]] ([[1841]]-[[1931]]) presentou, no seu pioneiro traballo sobre a ''Psicoloxía das Multitudes''. Nel formulaba a proposición básica para o entendemento dunha [[psicoloxía]] social: sexan cales sexan os individuos que compoñen un grupo, por semellantes ou dispares que sexan o seu modo de vida, as súas ocupacións, o seu carácter ou a súa intelixencia, o feito de teren sido transformados nun grupo fainos posuidores dunha especie de mente colectiva que os fai sentir, pensar e actuar de maneira moi diferente daquela pola cal cada membro del, tomado individualmente, sentiría, pensaría e actuaría, en caso de que se encontrase en estado de illamento. Esa proposición e os argumentos de Le Bon para xustificala, serviu de parámetro para o estudo sobre Psicoloxía de Grupo publicado por [[Sigmund Freud]] en [[1921]].