Otto von Bismarck: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
*da Guinea (segundo a RAG)
Liña 148:
Durante vos primeiros momentos, as súas ideas sobre política interior permaneceron invariables con respecto ás que mantivera na época de [[1848]].<ref name="Wiksen" /> Ata [[1852]] seguiu pertencendo á segunda Cámara prusiana, e nela desenvolveu unha loita radical e moi persoal. Ese mesmo ano unha discusión política co destacado liberal Von Vincke desembocou ata nun duelo sen consecuencias. Como no pasado, Bismarck declarábase partidario dos ''Junkers''<ref group=n.>Os Junkers, en Alemaña, eran famosos nobres terratenentes, propietarios de latifundios e moi adiñeirados.</ref> e criticaba o [[Constitucionalismo|sistema constitucional]]; é máis: nunha ocasión chegou a dicir que o pobo prusiano faría volver ao curro da obediencia ás grandes cidades, "aínda que para iso tivese que borralas do mapa".<ref name="Wiksen" /> Estas palabras valéronlle o cualificativo de "aniquilador de cidades".<ref>Bismarck, ''Der Mensch und der Staatsmann'', 1944</ref> Doutra banda, condenaba sen cesar o [[absolutismo]], equiparandoo á [[burocracia]] [[liberal]]. Ao recibir o seu nomeamento de embaixador en Frankfurt, Bismarck chegou a burlarse de se mesmo afirmando: "A miña conversión en conselleiro privado é unha ironía coa que Deus castígame por falar mal dos conselleiros privados".<ref name="Wiksen" />
[[Ficheiro:MetternichLitho.jpg|miniatura|220px|O [[príncipe]] [[Klemens Wenzel von Metternich|Klemens von Metternich]], que se viu obrigado a dimitir como [[chanceler]] [[austríaco]] en 1848. Pouco despois foi visitado por Bismarck en Fráncfort como parte do seu "nomeamento no Bundestag", chegando a tomar distintos acordos políticos e diplomáticos como o faría máis tarde con Napoleón III. Non obstante, algunhas veces tamén o fixo por aburrimento.<ref name=Shoulde />]]
Á súa chegada a Fráncfort, Bismarck cría na igualdade de dereitos entre Austria e Prusia. Dende a [[Dinastía Hohenstaufen|época dos Hohenstaufen]] nunca gozara Alemaña de tanto prestixio. Pero este xuízo non tardaría en modificarse, a consecuencia da asistencia ás sesións do Bundestag: nel as discusións versaban sobre temas intranscendentes, e Bismarck falaba da [[charlatán|charlatanería]] e presunción dos seus intelixentes membros, que todo o reducían a auga de borraxes; criticaba a vida social de Fráncfort, a afección desmedida dos diplomáticos polo baile e os trazos burgueses da sociedade daquela cidade. Bismarck víase obrigado a bailar o [[rigodón]] coas esposas dos seus provedores, pero polo menos "a xentileza de tales damas facíame esquecer a amargura polas desorbitadas facturas e malos xéneros que me proporcionaban os seus maridos".<ref name=Shoulde>Comentario de Otto von Bismarck en Mommsen,Wilhelm, Embaixador en Fráncfort, San Petersburgo e París..., páx.40</ref> Era o típico orgullo do ''Junker'' fronte á sociedade burguesa dunha antiga [[Imperialismo|cidade imperial]] carente de nobreza cortesá. A pesar de todo, ao principio Bismarck sentíase moi a gusto, ata o punto de confesar a Gerlach nunha carta que "en Fráncfort vivía como Deus".<ref name="Iuyter">Mommsen, Wilhelm, Embaixador en Frankfurt, San Petersburgo e París..., páx. 40</ref>
 
O problema fundamental para o novo embaixador constituio a actitude a adoptar fronte a Austria, froito en boa parte do representante de [[Prusia]] ante o Bundestag.<ref name="Iuyter" /> Antes de 1848, Austria evitara vencer pola forza dos votos á segunda gran potencia alemá, malia que durante a época de Metternich a superioridade de Austria era, neste terreo, indiscutible. Ao iniciarse a súa estancia en [[Frankfurt]], Bismarck visitara ao ex chanceler Metternich no seu [[palacio de Johannisberg]]<ref name="Iuyter" />; ao parecer, ambos os estadistas entendéronse moi bén. Metternich censuraba tamén a actitude do seu sucesor, [[Schwarzenberg]], que recalcaba a supremacía austríaca. A partir de 1848, trala elección do emperador, os políticos austríacos vían en Prusia a un rival e desexaban relegala a un segundo plano. Bismarck pronto alzou a súa voz contra o desconsiderado goberno da maioría, que acabaría por arruinar a [[Confederación Xermánica|Confederación]]. Dábase conta de que, contrariamente ás súas propias ideas, Austria non tiña intención de recoñecer a igualdade de dereitos de Prusia, de modo que o primeiro obxectivo de Bismarck en [[Frankfurt]] centrouse en batallar pola igualdade, utilizando todos os medios ao seu alcance.<ref name="Seea">Mommsen, Wilhelm, “Embajador en Frankfurt, San Petersburgo e París”..., pág. 41</ref> A raíz deste comportamento o embaixador ruso comparou a actuación de Bismarck coa dos estudantes. Para os seus colegas, a rudeza de métodos do novo embaixador prusiano evidenciaba unha falta de auténtica educación diplomática. Bismarck abogou pola igualdade ante o ministro plenipotenciario de Austria, o [[Franz Graf Thun-Hohenstein|conde de Thun]], en ocasións empregando medios visiblemente drásticos.