Diferenzas entre revisións de «Helene Mayer»

m
Arranxos varios
m (Arranxos varios)
== Traxectoria ==
=== Inicios ===
Pertencía a unha familia de clase media, segunda filla dos tres que terían Ludwig e Ida. Helene dende pequena destacou nalgúns deportes e practicou [[ballet]] ata [[1923]]. O seu irmán Eugen comezou a practicar esgrima Animado polo seu pai, que era un médico xudeu e cando era novo fora esgrimista. Ela tamén quixo probar e tiraba contra o seu irmán no patio da casa ata que empezou adestrar baixo as ordes do "cavaliere" [[Arturo Gazzerano]] no Fechtclub Offenbach da súa cidade natal.
 
En [[1924]] participou no Campionato Alemán Senior a [[florete]] e quedou 2ª. Un ano despois, en [[1925]], gañou o título, fazaña que repetiría durante seis anos. En [[1929]] gañou o Campionato Europeo de [[Nápoles]] e o de [[1931]] en [[Viena]], derrotando á campioa austríaca [[Ellen Preis]] na final. En [[1928]] "Hee Blonde" (He a Loira) ganou a medalla de ouro nas [[Olimpíadas]] de [[Ámsterdam]] e en [[1932]] viaxou ós [[Los Angeles|Angeles]] para defender o título. Pouco antes de que comezara o torneo chegoulle a noticia da morte do seu mozo. O ouro foi para Ellen Preis, ela conformaríase co 5º posto.
O [[Comité Olímpico]] decidiu que a sede dos Xogos de [[1936]] fose a cidade de [[Berlín]] e os nazis vírono como unha oportunidade de demostrar a forza da nova Alemaña. Isto incluía a necesidade de evitar que atletas xudeus representasen a Alemaña nas [[Olimpíadas]], polo que quedaron excluídos dos clubs aos que non podían entrar se non eran membros das asociacións nazis, das que igualmente non podían ser membros por seren xudeus. Ante as ameazas dos Estados Unidos principalmente, xunto con outras democracias occidentais, de boicotear os xogos os nazis decidiron convidar a Helene.
 
Helene era unha rapaza de case un 1,70  cm, loura con ollos azuis, que non tiña relación ningunha co mundo xudeu (mais aló das súas orixes), sentíndose alemá. Declarou que era un honor representar o seu país nas Olimpiadas, motivo polo que foi moi criticada. Especulouse moito sobre o que acontecería se Helene rexeitara esa invitación e as implicacións que ían supoñer para os Xogos e a [[historia]] mesma.
[[Ficheiro:Elek Ilona Berlin (1936).jpg|miniatura|Helene Mayer, á dereita, no podio mentres realiza o saúdo nazi, aceno que foi duramente criticado na época]]
 
* [http://www.sports-reference.com/olympics/athletes/ma/helene-mayer-1.html Ficha] en sports-reference.com {{en}}.
 
{{ORDENAR:Mayer, Helene}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Mayer, Helene}}
[[Categoría:Nados en Hessen]]
[[Categoría:Nados en 1919]]
393.002

edicións