Ciencias da Terra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Liña 1:
As '''ciencias da Terra''' ou '''xeociencias''' son as disciplinas das [[ciencias naturais]] que estudan a estrutura, morfoloxa, evolución e dinámica do [[Terra|planeta Terra]]. Forman tamén parte das [[ciencias planetarias]], as cales ocúpanse do estudo dos planetas do [[Sistema Solar]].
 
== Particularidades respecto de outras ciencias ==
As ciencias da Terra abarcan o estudo temporal e espacial do planeta desde un punto de vista físico, incluíndo a súa interacción cos seres vivos.
As variadas escalas espazo-temporais da estrutura e a historia da Terra fan que os procesos que nela teñen lugar sexan resultado dunha complexa interacción entre procesos de distintas escalas espaciais (desde o milímetro ata os miles de quilómetros) e escalas temporais que abarcan desde as centésimas de segundo ata os miles de millóns de anos. Un exemplo desta complexidade é o distinto comportamento mecánico que algunhas [[rocha]]s teñen en función dos procesos que se estuden: mentres as rochas que compoñen o [[manto terrestre|manto]] superior responden elásticamente ao paso das ondas sísmicas (con períodos típicos de fraccións de segundo), responden como un fluído nas escalas de tempo da [[tectónica de placas]]. Outro exemplo do amplo abanico de escalas temporais é o [[cambio climático]], que se produce en períodos de entre millóns de anos a uns poucos anos, onde se confunde coas escalas propias do cambio meteorolóxico.
 
Como o obxecto de estudo (a Terra) non é manipulable e a obtención de datos directos é limitada, as técnicas de [[modelo análogo|simulación análoga]] ou [[modelado numérico|computacional]] son de moita utilidade.