Diferenzas entre revisións de «José María Chao Rodríguez»

m
Arranxos varios
(*estudi- > estud-.)
m (Arranxos varios)
Marchou a Santiago de Compostela onde foi nomeado socio da [[Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago]]. Regresou a Vigo e, a finais de 1835, o gobernador de Pontevedra deulle unha comisión para realizar as fumigacións dos buques sospeitosos de ser focos de contaxio de enfermidades infecciosas.
 
A Xunta Gobernativa de Santiago de Compostela nomeouno boticario do Gran Hospital compostelán, e en 1843 a Xunta Central de Galicia designouno catedrático de Farmacia Experimental do colexio de Farmacia que se pretendía reabrir na Universidade. En 1850, o Ministerio nomeouno profesor de química e historia natural da Escola do Porto de Vigo.
 
Tivo unha destacada actuación na epidemia de cólera morbo que padeceu a [[provincia de Pontevedra]] arredor en 1854, polo que recibiu o recoñecemento da Xunta de Sanidade. Por este motivo publicou ''Específico contra el cólera'' (1854), na que expón os síntomas do cólera e o emprego dun medicamento co que obtivo beneficiosos resultados entre a poboación afectada. A preocupación polo tema sanitario, manifestada tamén nas denuncias contra a violación das disposicións sanitarias e as irregularidades que se cometían no lazareto da [[illa de San Simón]], fixo que en 1858 a Xunta provincial de Sanidade lle confiase a dirección facultativa do caixa de urxencias que debía establecerse neste lazareto e a subministración das fumigacións.
 
Pai de [[Eduardo Chao Fernández|Eduardo]] e [[Alejandro Chao Fernández]].
* [http://www.ranf.com/pdf/discursos/ina/2010.pdf Anecdotario de los primeros años de la Facultad de Farmacia de Santiago de Compostela (Siglo XIX): Un recuerdo a sus profesores y alumnos distinguidos] por José Miñones Trillo.
 
{{ORDENAR:Chao Rodriguez, Jose Maria}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Chao Rodriguez, Jose Maria}}
[[Categoría:Personalidades da política de Galicia]]
[[Categoría:Nados en Leiro]]
387.734

edicións