Beltrán de la Cueva: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-Granada +Granada)
m →‎Traxectoria: Arranxos varios
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
En [[1456]], o rei [[Henrique IV de Castela|Henrique IV]] hospedouse na casa do seu pai, Diego Fernández de la Cueva, que era rexedor e cabeza da súa liñaxe en Úbeda. Como agradecemento ás atencións recibidas, o monarca ofreceu ao fillo maior de don Diego un posto na Corte, pero don Diego rogoulle que ocupase o seu lugar don Beltrán, por ter o outro que atender o [[morgado]] familiar, e así chegou como paxe don Beltrán de la Cueva a corte castelá.
 
Unha vez no seu novo destino, Beltrán de la ascendeu rapidamente grazas ás súas excelentes relacións co rei. En [[1458]] foi nomeado mordomo de palacio e señor de Xaén, e en [[1461]] entrou no Consello Real, desprazando a [[Juan Pacheco]], [[Marqués de Villena]], como home de confianza ([[valido]]) de Henrique IV. Paralelamente, o seu irmán Gutierre foi nomeado [[bispo]] de [[Palencia]]. En [[1462]] concedéronselle os cargos de Conde de Ledesma e Mestre da [[Orde de Santiago]]. Tamén posuía por entón a cidade de [[Huelma]], concedida en [[1460]] como dote pola súa voda con Mencia de Mendoza y Luna, sobriña do poderoso cardeal [[Andalucía|andaluz]] [[Pedro González de Mendoza]]. Don Diego Fernández de la Cueva foi obsequiado co Vizcondado de Huelma, que, á morte deste, pasou a Beltrán de la Cueva, sendo elevado o título a Condado, chamándose primeiro Conde de Huelma.
 
Esta fulgurante carreira desatou as envexas e rancores de numerosos cortesáns e nobres, en especial o Marqués de [[Villena]]. Co fin de desacreditalo politicamente, comezaron a difundirse rumores sobre supostas aventuras de Beltrán de la Cueva coa raíña, [[Xoana de Portugal]], e ata chegou a asegurarse que a princesa [[Xoana a Beltranexa|Xoana]] non era filla do rei (ao que se xulgaba impotente), senón do propio Beltrán. Por esta razón, no futuro comezaríase a alcuñar á herdeira ao trono como ''Xoana a Beltranexa''. As críticas chegaron ao seu nivel máis alto tralo seu nomeamento como Maestre de Santiago, ata o punto de que Henrique IV viuse obrigado por primeira vez a tomar medidas contra De la Cueva co fin de calalas. En [[1463]] foille retirado o cargo de Mestre e ordenóuselle que se afastase da Corte, pese a que foi recompensado coa concesión do título de [[Duque de Alburquerque]] (creado especificamente para el) así como a entrega do castelo de Anguix e o goberno das poboacións de Roa, Aranda, Molina de Aragón, Cuéllar e Atienza.
 
En [[1465]] púxose ao lado do rei na chamada [[Farsa de Ávila]], conxura na que destacados nobres (entre eles o Marqués de Villena e o Arcebispo de [[Toledo]], [[Alfonso Carrillo de Acuña|Alfonso Carrillo]]) pretendían derrocar ao rei, e participou na [[Segunda Batalla de Olmedo]] ([[1467]]) que puxo fin á intentouna. Como premio engadiu ás súas posesións as vilas de Mijares, A Adrada e Colmenar, que sería rebautizada posteriormente como Mombeltrán na súa honra.
 
Contra o que se puidera imaxinar, Beltrán de la Cueva nunca tomou partido pola súa suposta filla durante a [[Guerra Civil Castelá]] que enfrontou a Xoana coa súa tía [[Isabel a Católica|Isabel]] entre [[1474]] e [[1479]], logo da morte de Henrique. Ao contrario, combateu nas filas isabelinas durante varios anos, tanto na guerra sucesoria como no asedio de [[Granada]] de [[1491]]. Morreu o día de Todos os Santos de [[1492]] no seu castelo de Cuéllar.
 
Don Beltrán de la Cueva dedicou parte do seu tempo a glosar o ''Libro de cetrería''de Xoán de Sahagún, cetrero do rei [[Xoán II de Castela]]. Desta obra coñécense catro copias: dous consérvanse na Biblioteca Nacional de España, outra na Universidade de Yale e recentemente descubriuse unha cuarta na Biblioteca Statale de Montevergine (Italia), aínda que esta versión omite as glosas de D. Beltrán.