Abrir o menú principal

Cambios

m
→‎Historia: Arranxos varios
''Adriano Maria Correia Gomes de Oliveira'' naceu en [[Avintes]], o [[9 de Abril]] de [[1942]], no seo dunha familia tradicionalista [[Catolicismo|católica]]. Estudou os cursos de formación media no [[Porto, Portugal|Porto]]. En Avintes iniciouse no teatro afeccionado e foi cofundador da Unión Académica de Avintes. No [[1959]] marchou a [[Coimbra]], onde estudou Dereito, formando parte da Real Repúbica Ras-Teparta. Foi solista no [[Orfeón Académico de Coimbra]] e formou parte do Grupo Universitario de Danzas e Cantares e do Círculo de Iniciación Teatral da Académica de Coimbra. Tocou a guitarra no Conxunto Lixeiro da Tuna Académica. No ano seguinte editou o primeiro [[EP]] acompañado por [[António Portugal]] e [[Rui Pato]]. No [[1963]] saiu o primeiro [[disco de vinilo]] "Fados de Coimbra" que contiña ''[[Trova do vento que passa]]'', unha balada fundamental da súa carreira, baseada nun poema de [[Manuel Alegre]], debido ás súas referencias á resistencia contra o [[Estado Novo|réxime salazarista]], converteuse no himno do movemento estudantil.
 
Alén diso, Adriano Correia de Oliveira convértense en militante do [[Partido Comunista Portugués]] no inicio da década dos 60. No ano [[1962]], participou nas folgas académicas e concorreu ás eleccións da Associación Académica, através da lista do [[Movemento de Unidade Democrática]] (MUD).
 
No [[1967]] gravou o [[vinilo]] "Adriano Correia de Oliveira" que entre outras cancións inclúe ''Canção com lágrimas''.
 
Cando lle faltaba unha materia para terminar a carreira de [[Dereito]], Adriano trocou [[Coimbra]] por [[Lisboa]], traballou no Gabinete de Prensa da [[Feira Industrial de Lisboa]] (FIL) e foi produtor da Editora Orfeu. No [[1969]] editou "O Canto e as Armas" un disco que baseaba todas as cancións na poesia de [[Manuel Alegre]]. Nese mesmo ano gañou o Premio Pozal Domingues. No ano seguinte sae o [[disco de vinilo]] "Cantaremos" e en [[1971]] "Gente d'Aqui e de Agora", que marca o primeiro arranxo, como director, de [[José Calvário]], que nesa altura tiña vinte anos. [[José Niza]] foi o principal compositor neste disco que precedeu un silencio de catro anos, pola negativa de Adriano de enviar os textos a censura.
 
No [[1975]] lanzou "Que Nunca Mais", com dirección musical de [[Fausto Bordalo Dias|Fausto]] e textos de [[Manuel da Fonseca]]. Este [[vinilo]] levou a revista inglesa ''[[Music Week]]'' a elixilo como "Artista do Ano".
380.827

edicións