Estilística: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios
Liña 2:
Inda que a noción de [[Estilo literario|estilo]] estaba xa configurada en manuais con indicacións prácticas sobre cómo escribir ben no século XVIII, a primeira estilística, a de [[Charles Bally]] (1905) rexeita esta concepción e propón unicamente unha estilística descritiva do sistema lingüístico, non das obras literarias.
 
Despois de ser publicada a estilística lingüística de Bally, aparece a estilística literaria de [[Leo Spitzer]], que procura os trazos peculiares, os [[estilema]]s, da lingua literaria, considerándoos como desvíos da norma estándar.
 
Xorde entón a diferenciación entre estilística lingüística (preocúpase polos trazos específicos do sistema de cada idioma para definir desde eles o espírito da comunidade nacional que os produciu) e estilística literaria (atende ós trazos peculiares do estilo dun creador).