Abrir o menú principal

Cambios

m
Arranxos varios
=== Formación ===
[[Ficheiro:Spring - Garden in Blossom.jpg|miniatura|esquerda|''Primavera, xardín en flor'' 1912]]
Estudou debuxo en [[Kiev]] dende 1895 ata 1896. En 1896 a familia mudouse a [[Kursk]], onde o pai obtivera un cargo na xerencia dunha empresa [[ferrocarril|ferroviaria]], aceptando o seu fillo un emprego como técnico deliniante. A través de reproducións, Malevich coñece o traballo de [[Iván Shishkin]] e [[Ilya Repin]], dous pintores [[Naturalismo|naturalistas]] pertencentes a un grupo coñecido como ''Os Itinerantes''.
 
Comeza a pensar que a súa misión como artista é representar a natureza o máis obxectivamente posible. Entre os empregados do ferrocarril, coñece algúns afeccionados e amantes da arte cos que forma unha asociación e un obradoiro cooperativo. Alí oe falar das Escolas de [[San Petersburgo]] e Moscova. Sente a necesidade de formarse academicamente e marcha a [[Moscova]] en [[1904]]. O seu traballo, nesta época, faise cada vez máis [[Impresionismo|impresionista]]. Foi un período relativamente longo e estable, no que a súa atención céntrase nos estudos das paisaxes, con composicións sólidas, malia a fragmentación.
En Moscova estuda na Escola de Pintura, Arquitectura e Escultura dende 1904 ata 1910. Durante ese tempo viviu no obradoiro de [[Fedor Rerberg]] en Moscova. No ano [[1911]] participou na segunda exposición do ''Soyus Molod'ozhi'' (Unión da xuventude) en [[San Petersburgo]], xunto con [[Vladimir Tatlin]]. En [[1912]], o grupo fixo a súa terceira exposición, incluíndo traballos de [[Aleksandra Ekster]] e Tatlin entre outros. En [[1914]] Malevich exhibiu os seus traballos no ''[[Salon des Independants]]'' en [[París]] xunto con [[Alexander Archipenko]], [[Sonia Delaunay|Sonia Terk]], [[Aleksandra Ekster]] e [[Vadym Meller|Vadim Meller]], entre outros. Ao ano seguinte publicou o seu manifesto '''Dende o Cubismo ao Suprematismo'''. Entre 1916 e 1917 participou nas exposicións do grupo ''[[Jack dos Diamantes (artistas)|Jack dos Diamantes]]'' en Moscova xunto con [[Nathan Altman]], [[David Burliuk]] e A. Ekster, entre outros.
 
Despois dos seus experimentos con varios estilos [[modernismo|modernistas]] como o [[cubismo]] e o [[futurismo]] na ópera [[cubo-futurista]] ''[[A Vitoria do sol]]'', Malevich comezou a traballar co abstracto e os estampados non xeométricos, fundando un movemento que chamou [[suprematismo]]. Algúns exemplos do seu suprematismo son ''Cadrado Negro'' ([[1915]]) e ''Branco sobre Branco'' ([[1918]]).
 
Malevich tamén era coñecido pola súa fascinación pola [[fotografía aérea]] e a [[aviación]], facendo arte abstracta inspirada nas paisaxes aéreas.
Malevich foi membro do Colexio de Arte de [[Narkompros]], a comisión de protección dos monumentos e museos. Tamén deu clases na Escola de Arte Práctica en [[Vitebsk]] (hoxe en día parte de [[Bielorrusia]]) ([[1919]]-[[1922]]), na Academia de Artes de Leningrado ([[1922]]-[[1927]]), no Instituto de Arte Nacional de Kiev ([[1927]]-[[1929]]), e na Casa das Artes de Leningrado ([[1930]]). Tamén escribiu o libro ''O mundo non obxectivo'' [[Muníc]] [[1926]], no cal amosaba as súas teorías supremacistas.
 
En 1927, viaxou dende [[Varsovia]] ata [[Alemaña]] facendo unha viaxe retrospectiva que lle deu soa mundial, e que fixo que cando volvera á [[Unión Soviética]] deixase grande parte das súas obras atrás. Cando o réxime [[Stalin|stalinistastalin]]ista volveuse contra a arte [[Modernismo|modernista]] "burguesa", Malevich foi perseguido. Moitos dos seus traballos foron confiscados e esnaquizados, e el acabou morrendo na miseria e soidade no Leningrado da [[Unión Soviética]] (hoxe San Petersburgo).
 
== Véxase tamén ==
* ''Kazimir Malevich and Suprematism 1878-1935'', Gilles Néret, Taschen, 2003
* Dreikausen, Margret, [http://www.worldcatlibraries.org/wcpa/ow/d729543b2ed70922.html "Aerial Perception: The Earth as Seen from Aircraft and Spacecraft and Its Influence on Contemporary Art"] (Associated University Presses: [[Cranbury, NJ]]; [[Londres]], [[England]]; [[Mississauga, Ontario]]: [[1985]]) ISBN 0-87982-040-3
 
{{ORDENAR:Malevich,Kasimir}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Malevich,Kasimir}}
[[Categoría:Pintores de Rusia|Malevich, Kasimir]]
[[Categoría:Pintores modernistas|Malevich, Kasimir]]
377.008

edicións