Novela gótica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
Liña 9:
 
* A ''rebeldía'' que leva ao doutor Victor Frankenstein a suplantar a Deus e dar e quitar a vida á súa Criatura coas ferramentas humanas: a ciencia e o coñecemento. Na novela, a rebeldía non caracteriza soamente o doutor, senón tamén a Criatura. Esta levántase contra a súa situación de soidade e abandono, levando a cabo a vinganza contra o seu creador, o doutor Frankenstein.
 
* A ''obsesión por saber'' desencadea a traxedia dos personaxes. O doutor quere coñecer tódolos secretos da vida, o que o acaba condenando. Con esta idea, [[Mary Shelley]] ataca un dos piares fundamentais da [[Ilustración]]: a racionalización dos misterios humanos. A novelista defende que é mellor renunciar ao coñecemento racional de certas parcelas que non son competencia humana.
 
* A Criatura non "nace" mala, senón que desenvolve a súa sede de vinganza ao verse abandonada polo doutor e, posteriormente, ser rexeitada pola súa aparencia física. Shelley, polo tanto, sitúase na liña de pensamento de [[Jean-Jacques Rousseau|Rousseau]] e cre que a ''bondade innata'' dos seres humanos é corrompida polas relacións sociais.