Colonización británica de América: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RubenWGA (conversa | contribucións)
-Refs
m →‎top: Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:British_colonies_1763-76_shepherd1923.PNG|miniatura|Colonias británicas en Norteamérica (1763-1776).|283x283px]]
[[Ficheiro:British in the Americas.PNG|miniatura|230x230px|[[Gran Bretaña]] nas [[América|Américas]]s.]]
O Imperio británico comezou a tomar forma a principios do [[século XVII]], mediante o estabelecemento da colonia de [[Jamestown (Virxinia)]] en [[1607]], en [[Virxinia]] por parte de [[Inglaterra]], o que sería o comezo das [[Trece Colonias]] en [[Norteamérica]], que foron a orixe de [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] así como das provincias marítimas do [[Canadá|Canadá.]]. Tamén se produciu a colonización de pequenas illas no mar [[Mar Caribe|Caribe]] como [[Xamaica]] e [[Barbados]].
 
As colonias produtoras de [[azucre]] do Caribe, onde a [[escravitude]] converteuse na base da economía, eran as colonias máis importantes e lucrativas para Inglaterra. As colonias americanas producían [[Tabaco (planta)|tabaco]], [[algodón]] e [[arroz]] no sur, e material naval e peles de animais no norte.
 
O imperio de Inglaterra en América íase expandindo gradualmente mediante guerras e colonias. Inglaterra conseguiu controlar [[Nova Ámsterdam]] (despois chamada [[Nova York]]) tras as [[guerras anglo-holandesas]]. As colonias americanas estendíanse cara ao [[oeste]] en busca de novas terras para a [[agricultura]]. Durante a [[Guerra dos Sete Anos]], os ingleses venceron aos franceses e quedaron con [[Nova Francia]], en [[1760]], o que converteu a Inglaterra en dona de case toda América do Norte.
 
Despois, os asentamentos en [[Australia]] (que comezaron coas colonias penais en [[1788]]) e [[Nova Zelandia]] (baixo o dominio da Coroa desde [[1840]]) crearon unha nova zona para a [[migración]] desde as [[Illas británicas|Illas Británicas]], aínda que as poboacións indíxenas tiveron que sufrir guerras desiguais -nalgúns casos, [[xenocidio]], como na [[Guerra negra]]- e tamén enfermidades. Como efectos das guerras, o xenocidio, a represión e a mala alimentación foron reducindo o seu tamaño en ao redor dun 60–70% en algo menos dun [[século]]. Estas colonias, xa en mans dos novos colonos de orixe británica, acabarán obtendo o [[autogoberno]].