Diferenzas entre revisións de «Jean Harlow»

m
Arranxos varios
m (Bot: Substitución automática de texto (-a penas +apenas))
m (Arranxos varios)
A través da súa amiga Rosalie Roy, aspirante a actriz, e coa insistencia da súa nai, Harlow conseguiu o seu primeiro traballo no filme ''Honor Bound'', que a levou a conseguir un contrato de cinco anos con [[Hal Roach Studios]]. Porén o contrato rompeuse o ano seguinte.
 
En 1929 [[Howard Hughes]] estaba volvendo rodar algunhas escenas de ''[[Hell's Angels (filme)|Hell's Angels]]'' para adaptalo ao cinema falado e necesita unha actriz para substituír a Greta Nissen, que tiña un forte acento noruegués. Harlow fixo unha proba e foi contratada. O filme converteu a Harlow nunha estrela internacional, popular entre o público e non tantoentre a crítica.
 
En 1931 interveu en ''[[Platinum Blonde]]'', con [[Loretta Young]], título que se lle puxo o filme ''Gallagher'' polos publicistas de Hughes para promover a Harlow. A súa cor de cabelo foi imitada por moitas das súas fans. O contrato con [[Metro-Goldwyn-Mayer]] converteuna ademais nunha das actrices mellor pagadas do momento.
En 1936 viaxou co elenco de ''[[Personal Property]]'' a [[Washington, D.C.]] para celebrar o 55 aniversario do presidente [[Franklin D. Roosevelt]]. A viaxe foi esgotadora para Harlow e contraeu a gripe, se ben, recobrouse para acudir á cerimonia dos [[premios Oscar]] xunto co seu namorado, [[William Powell]].
 
En marzo de 1937 debía iniciar a rodaxe de ''[[Saratoga (filme)|Saratoga]]'', con [[Clark Gable]] co que compartira pantalla en varias ocasións. Porén, a produción foi atrasada porque adquiriu [[septicemia]] trala extracción dunha [[moa do xuízo]] e tivo que ser hospitalizada. En maio, xa na rodaxe comezou a sentirse enferma, mais os seus síntomas non lle pareceron graves ao seu doutor, que lle diagnosticou [[colecistite]] e [[gripe]], semellando non coñecer a enfermidade anterior. Durante a filmación dunha escena na que a súa personaxe tiña febre notábase máis enferma do que debía amosar e finalmente díxolle a Gable “síntome fatal. Lévame ao meu camerino”. Con breves períodos de mellora, o 6 de xuño non vía ben e tiña dificultades para respirar, e o médico finalmente deuse de conta de que sufría algo grave.
 
Ingresárona no Good Samaritan Hospital dos Ánxeles, onde cae en coma. Finou o día seguinte, as 11.37 da mañá aos vinte e seis anos. Os informes dos médicos indicaron que a causa do pasamento foi un [[edema cerebral]] e un [[fallo renal]]. Foi enterrada no Forest Lawn Memorial Park nunha tumba coa inscrición "Our Baby".
* [http://www.virtual-history.com/movie/person/93/jean-harlow Virtual History]
 
{{ORDENAR:Harlow, Jean}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Harlow, Jean}}
[[Categoría:Actores de Missouri]]
[[Categoría:Actores de cine dos Estados Unidos de América]]
393.002

edicións