Edda poética: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios
 
Liña 1:
{{título en cursiva}}
[[Ficheiro:Poetic Edda miniature.jpg|miniatura|240px|Detalle dunha miniatura da ''Edda poética''.]]
A '''Edda poética''' ou '''Edda maior''' é unha colección de poemas escritos en [[antigo nórdico]] preservados inicialmente no manuscrito medieval [[Islandia|islandés]] coñecido como ''[[Codex Regius]]''. Xunto coa ''[[Edda prosaica]]'' de [[Snorri Sturluson]], a Edda poética é a fonte existente máis importante sobre [[mitoloxía escandinava]] e lendas heroicas xermanas.
 
O ''Codex Regius'' foi escrito no [[século XIII]] pero non se soubo nada do seu paradeiro ata [[1643]] cando parou nas mans de [[Brynjólfur Sveinsson]], bispo de [[Skálholt]]. Daquela, as versións da Edda de Snorri eran ben coñecidas en Islandia, pero os estudosos especulaban que había outra, unha ''Edda maior'' que contiña os poemas pagáns que Snorri cita no seu libro. Cando se descubriu o ''Codex Regius'' creuse que esta fora probada. Brynjólfur atribuíu o manuscrito a [[Sæmundr fróði|Sæmundr o sabio]], un sacerdote islandés do século XII. Porén, aínda que esta atribución é rexeitada polos eruditos modernos, o título ''Edda de Sæmundar'' aínda pode verse en ocasións.
 
O bispo Brynjólfur enviou o ''Codex Regius'' como agasallo ó rei dinamarqués, e de aí o nome. Fora gardado durante séculos na Biblioteca Real Danesa pero no ano [[1971]] foi devolto a Islandia.