Horta, Barcelona: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos; cambios estética
m →‎top: Arranxos varios
Liña 1:
{{Outros homónimos|Horta (homónimos)}}
[[Ficheiro:CanMariner2-Barcelona (Catalonia).jpg|250px|miniatura|Masía Can Mariner, no barrio de Horta]]
'''Horta''' é un barrio pertencente ao distrito de [[Horta-Guinardó]], na cidade de [[Barcelona]]. Foi un municipio independente ata [[1904]], cando se anexiona á capital catalá. O nome provén da familia Horta, que foi propietaria do territorio desde o ano [[1036]] ata [[1260]]. Habitada por nobres e mercadores desde o [[século XIV]], crece ao redor do mosteiro da [[La Vall d'Hebron|Vall d'Hebron]], chegando o seu período de esplendor ata finais do [[século XVII]]. Atópase documentado por primeira vez no ano [[965]], onde se menciona o val de Horta. Antigamente o barrio foi o núcleo principal do municipio independente de Horta, que se correspondía máis ou menos co actual distrito de Horta-Guinardó.
 
O crecemento entre o [[século XVI]] e [[século XX]] foi debido á abundancia de auga que fixo posible a instalación de numerosas lavanderías. A prosperidade da zona tamén creceu cando chegou o [[tranvía]] no ano [[1901]]. Na década de [[1960]] chegou o [[metro de Barcelona|metro]] (L5) á praza Eivissa, a estación de Horta.
 
Aínda se mantén a estrutura do casco antigo ao redor da Praza de Eivissa e ten un [[ensanche]] residencial. No barrio tamén se atopa o Parque do Labirinto de Horta, que é o xardín máis antigo que se conserva de toda a cidade. É un xardín de tipo neoclásico que se empezou en [[1794]] nunha leira dos [[Marqués de Alfarràs|marqueses de Alfarràs]]. A beiras do parque atópase o [[velódromo de Horta]], onde se disputaron algunhas probas polos [[Xogos Olímpicos de 1992|Xogos Olímpicos de Barcelona]] de [[1992]].