Afonso III de Aragón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos
m Arranxos varios
Liña 7:
 
== Conquista das Illas Baleares ==
Por encargo do seu pai confiscou o reino de Mallorca a [[Xaime II de Mallorca]], o seu tío, porque colaborara na [[cruzada contra a Coroa de Aragón]], a invasión [[Francia|francesa]] de xuño-outubro de [[1285]], atacando entre [[1285]] e [[1286]] as illas de [[Eivissa]] e de [[Mallorca]]
 
Entre [[1286]] e [[1287]] conquistou ademais a illa de [[Menorca]] ao ''ra'îs'' [[Abû'Umar]]. Os gobernantes (''reieciños'') de [[Menorca]] eran vasalos do casal [[Catalunya|catalá]] dende tempos de [[Xaime I de Aragón]] mais este foi acusado de aliarse con [[Tunisia]], e de retrucar cos [[Anjou|anxevinos]] e [[Francia|franceses]]. A illa de Menorca quedou despoboada, e segundo conta Ramon Muntaner na súa crónica, foi repoboada "de bona gent de catalans" (''de boa xente de cataláns'').
 
== Política castelá ==
Afonso o Franco fixo unha política anticastelá, derivada do progresivo achegamento de [[Sancho IV de Castela]] cara a posicións profrancesas na cuestión siciliana.
 
Así pois, Afonso negouse a ceder os infantes da casa de Cerda ao rei castelán, infantes que se refuxiaran na corte catalá. Participou en [[Jaca]] na proclamación de [[Afonso da Cerda]] como rei de Castela en setembro de [[1288]], feito que desencadeou unha guerra fronteiriza entre os dous reinos de abril-xullo de [[1289]], setembro de [[1290]] e febreiro de [[1291]].
Liña 27:
 
== Política interna ==
A súa ambición mediterránea supuxo un desánimo da aristocracia aragonesa, que se sentiu deixada de banda, e que chegou a cuestionar os seus privilexios diante dunha monarquía triunfante. Así houbo diversos conflitos entre o rei e os aristócratas en diferentes períodos.
 
As Cortes de [[1286]], en xuño en [[Zaragoza]] e outubro en [[Huesca]] acabaron en accións militares e represalias. Así nas Cortes de [[Monzón, Huesca|Monzón]] de [[1289]] Afonso, coa axuda dos estamentos catalás e valencianos, acabou cun poder na [[Coroa de Aragón]] que permitía unha monarquía fortalecida, á vez que debilitaba os poderes nobiliarios.
 
== Nupcias ==
Casase o [[15 de agosto]] de [[1282]] en [[Barcelona]] con Eleonor de Inglaterra, filla do [[Monarquía británica|Rei de Inglaterra]] [[Eduardo I de Inglaterra|Eduardo I]] e Eleonor de Castela, ás pregarias da cal accedeu finalmente, ceibando a ''Carlos II de Anjou''.
 
Morreu sen descendencia lexítima o [[18 de xuño]] de [[1291]] e foi sucedido o mesmo ano polo seu irmán [[Xaime II de Aragón|Xaime II]].