Arcadio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:Solidus-Arcadius-RIC 1205.jpg|miniatura|300px|'''Arcadio''', portando un [[lábaro]] e derrotando a un inimigo]]
 
'''Flavius Arcadius''', en galego '''Arcadio''' ([[377]]/[[378]] - [[1 de maio]] de [[408]]) foi Emperador do [[Imperio Romano de Oriente]] desde [[395]] ata a súa morte en [[408]].
 
Arcadio era o maior fillo de [[Teodosio I]] e de Aelia Flaccilla, e irmán de [[Flavio Honorio|Honorio]], que seria emperador de Occidente. O seu pai declarouno Augusto de Oriente en xaneiro de [[383]]. O seu irmán menor tamén foi declarado Augusto, pero de Occidente, en [[393]]. Arcadio comezou a reinar en solitario sobre a metade oriental do Imperio cando o seu pai faleceu en [[395]] en [[Milán]], a onde acudira para sufocar unha rebelión.
Liña 29:
Desde [[399]] exerceu o goberno un círculo de persoas ligado á persoa da emperatriz Eudoxia. A emperatriz apoiouse en varias personalidades para exercer o goberno; o prefecto de pretorio de Oriente Aureliano, logo de [[400]] o conde Xoán ou o xeneral [[Fravitta]], de orixe goda.
 
A partir de [[403]] a Eudoxia opúxoselle constantemente [[Xoán Crisóstomo]], [[Patriarca de Constantinopla]], que sentía que ela usara a riqueza da súa familia para gañar control sobre o emperador. Eudoxia, coa axuda do [[Patriarca de Alexandría]], logrou exiliar a Crisóstomo, pero un tumulto popular fíxoa retroceder, aínda que logrando finalmente o seu obxectivo no [[404]]. Ao ano seguinte falecía a emperatriz.
 
== Os Últimos Anos de Reinado ==