Quo Vadis?: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m →‎top: Arranxos varios
Liña 1:
{{título en cursiva}}
[[Ficheiro:Quo Vadis 1897 Edition.jpg|250px|miniatura|dereita|Portada dunha edición de 1897.]]
'''''Quo Vadis?''''' é unha novela histórica do autor [[Polonia|polaco]] [[Henryk Sienkiewicz]], escrita entre os anos [[1895]] e [[1896]], na que se narran as vivencias de varios personaxes moi diferentes na época do emperador romano [[Nerón]]. A obra foise publicando por episodios no xornal ''Gazeta Polska'' de [[Varsovia]], pero máis adiante foi publicada como libro en [[Cracovia]], en [[1896]].
 
Tense relacionado moitas veces esta novela co feito de que Henryk Sienkiewicz recibise o [[premio Nobel]] de literatura en [[1905]]. Con todo, trátase dun erro xa que o autor foi recoñecido con ese prestixioso premio pola súa obra de narración épica. De feito, un dos xurados do premio dixo que era "un xenio único na súa especie que se meteu na pel do espírito da nación."