Dor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
+foto
m Arranxos varios
Liña 16:
O seu neuronio ocupa a [[lámina I]] da [[medula espiñal]] e cruza imediatamente para o lado contrario. Aí ascende na [[substancia branca]] na [[rexión anterolateral]] ata facer [[sinapse]] principalmente no [[tálamo]] (núcleos posterolateralventrais), pero tamén na [[formación reticular]].
 
A vía lenta ou do tracto paleoespinotalámico é a máis primitiva en termos evolutivos. Desencadéana factores químicos. Utiliza axonios lentos de diámetro reducido e velocidades de condución de só 0,5 a 2  m/s. Esta vía produce dor mal localizada polo individuo, pero continua.
O seu neuronio ocupa a [[lámina V]] da medula e ascende despois de cruzar para o lado oposto no tracto anterolateral. Fan sinapse na formación reticular, no [[colículo superior]] e na [[substancia cincenta periacuedutal]].
 
Liña 51:
Moitas persoas ademais senten dor incluso sen ter unha lesión nos tecidos nin ningunha outra causa fisiopatolóxica probábel: xeralmente isto acontece por motivos psicolóxicos e é imposíbel distinguir a súa experiencia da que ten razóns lesivas se partimos do relato subxectivo. A perspectiva que se ten da dor na actualidade é de que é un fenómeno ‘biopsicosocial’ que resulta dunha combinación de factores biolóxicos, psicolóxicos, comportamentais, sociais e culturais e non unha entidade dicotómica.
 
O '''limiar fisiolóxico da dor''', común a todos os individuos, pode definirse coma o punto en que un estímulo concreto é recoñecido como doroso. Cando se usa a calor como factor de estimulación, o limiar doroso sitúase en torno aos 44°, non só para o [[ser humano]] senón tamén para diferentes [[mamífero]]s (simios, ratos). O '''limiar de tolerancia''' é o punto en que o estímulo acada tal intensidade que non pode ser aceptabelmente tolerado: so mesmo exemplo da calor, estariamos a falar dunha cantidade próxima aos 48°, pero que varía conforme o individuo, segundo sexa a súa experiencia e os seus factores culturais e psicolóxicos.
 
A '''resistencia á dor''' sería a diferenza existente entre os dous limiares. Expresa a amplitude dunha estimulación dorosa á que o individuo pode aceptabelmente resistir. Está tamén modificada por trazos culturais e emocionais, e ao sistema límbico correspóndelle a modulación da resposta comportamental á dor.