Khilperico II: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m →‎top: Arranxos varios
Liña 2:
[[Ficheiro:Jean Dassier (1676-1763) - Chilpéric II roy de France (670-721).jpg|miniatura|esquerda]]
:''ver [[Khilperico II de Borgoña]] para o rei burgundio que reinou de [[443]] a [[480]].''
'''Khilperico II''' (c. 672 – [[13 de febreiro]] de [[721]]), chamado '''Daniel''' de neno, o fillo máis novo de [[Khilderico II]], foi rei de [[Neustria]] desde o [[715]] e único [[rei dos francos]] desde o [[718]] ata a súa morte. Foi o derradeiro rei [[merovinxio]] que exerceu a súa autoridade en solitario.
 
De neno, foi levado subrepticiamente a un mosteiro para salvar a súa vida da guerra fratricida da súa familia. Alí, foi criado como Daniel ata a morte de [[Dagoberto III]] en [[715]], cando foi sacado do mosteiro - á idade de vinte e tres anos - proclamado rei subido ao escudo dos guerreiros neustrios, segundo o costume. Tomou como nome real o de Khilperico, aínda que debido á súa crianza no mosteiro, foi un home moi diferente a [[Khilperico I]].
 
En primeiro lugar, parece que só foi un xoguete nas mans de [[Ragamfredo]], o [[mordomo de palacio]] de [[Neustria]], proclamado en [[714]] en oposición a [[Teudoaldo]], o herdeiro designado de [[Pipino de Heristal]]. Khilperico, con todo, era tanto un loitador como un líder, sempre na primeira liña de batalla á cabeza das súas tropas. En [[716]], el e Ragamfredo guiaron un exército a [[Austrasia]], daquela atacada por [[Plectrude]], no nome do seu neto Teudoaldo, e [[Carlos Martel]], o fillo bastardo de Pipino de Heristal. Os neustrios aliáronse con outra forza invasora ao mando de [[Radbod]] rei dos [[frisios]] e enfrontáronse a Carlos en batalla preto de [[Colonia, Alemaña|Colonia]], daquela en mans de Plectrude. Khilperico saíu vitorioso e Carlos fuxiu ás montañas de [[Eifel]]. O rei e o seu mordomo volveron para cercaren o seu outro rival na cidade. Plectrude recoñeceu a Khilperico como rei, entregou o tesouro de Austrasia, e abandonou a aspiración do seu fillo á mordomía.
 
Neste punto, os acontecementos volvéronse contra Khilperico. Cando el e máis Ragamfredo guiaban os seus soldados triunfantes de volta a Neustria, Carlos caeu sobre eles preto de [[Malmedy]] e, na Batalla de [[Amel|Amblève]], Carlos derrotounos e eles fuxiron. Despois, Carlos Martel permaneceu virtualmente invicto e a forte vontade de Khilperico foi sometida nunha serie de campañas libradas no territorio de Neustria.
 
En [[717]], Carlos volveu a Neustria cun exército e confirmou a súa supremacía coa vitoria de [[Vincy]], preto de [[Cambrai]]. Perseguiu ao rei e ao mordomo ata [[París]] antes de volver e ocuparse de Plectrude e Colonia. Tras este éxito, proclamou un tal [[Clotario IV]] rei de Austrasia en oposición a Khilperico. En 718, Khilperico, en resposta, aliouse con [[Odón o Grande]], o [[duque de Aquitania]] que se volvera independente durante as contendas de [[715]], pero foi vencido novamente por Carlos, en [[Soissons]]. O rei fuxiu co seu aliado o duque ao país ao sur do [[Río Loira (Francia)|Loira]] e Ragamfredo fuxiu a [[Angers]]. Pronto morreu [[Clotario IV]] e Odón deuse por vencido na cuestión de Khilperico e, a cambio de recoñecer a súa soberanía sobre todos os [[francos]], o rei rendeu o seu reino á mordomía de Carlos sobre todos os reinos ([[718]]).
 
En [[719]], foi subido oficialmente sobre o escudo como rei de todos os francos, pero só sobreviviu un ano e os seus sucesores foron meros ''rois fainéants'' (‘reis folgazáns’). Morreu en [[Attigny, Ardennes|Attigny]] e foi soterrado en [[Noyon]].
 
== Véxase tamén ==