Josep Pla: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
→‎Traxectoria: correccións da lingua (licenza, pero licenciar)
Liña 4:
 
== Traxectoria ==
Fillo de pequenos propietarios rurais do [[Empordà]], fai o bacharelato en [[Xirona]], comeza a carreira de medicina en [[Barcelona]], que deixa para estudar dereito. Tras licenzarselicenciarse exerce o xornalismo primeiro en xornais locais e logo a partir de 1918 como profesional en ''Las Noticias'' e posteriormente en ''La Publicitat''. Exerceu de correspondente de ''La Veu de Catalunya'' en [[Francia]], [[Gran Bretaña]], [[Italia]], [[Alemaña]] ou a [[URSS]].
 
Militante da [[Lliga Regionalista]], en [[1921]] saíu elixido deputado provincial polo distrito de Bisbal. Durante a [[Segunda República española]] viviu en [[Madrid]], aínda que seguiu colaborando en ''La Veu de Catalunya''. En [[1936]] co inicio da [[Guerra civil española]] marchou a a [[Francia]] e a [[Italia]] para pasar posteriormente á [[España]] nacional, estableceuse en [[Donostia]] e colabora co ''Diario Vasco'' entre outubro de [[1938]] e xaneiro de [[1939]]. Coa ocupación de [[Cataluña]] volta e foi subdirector durante tres meses no xornal ''La Vanguardia'', ''denominada entón La Vanguardia Española'' e posteriormente entra dana redacción da revista ''Destino'', da que se converte no principal ideólogo.
 
O primeiro libro que publicou foi ''Coses vistes'' (1925). Outras obras foron ''Rússia'' (1925), ''Llanterna màgica'' (1926), «Relacions» (1927), ''Vida de Manolo'' (1928), ''Cartes de lluny'' (1928), ''Cartes meridionals'' (1929), ''Madrid (Un dietari)'' (1929), ''Francesc Cambó'' (1928-1930), ''Vint-i-cinc anys de política catalanista'' (1931), ''Madrid (L'adveniment de la República)'' (1931), ''Viatge a Catalunya'' (1934), ''Cadaqués'' (1947), ''Bodegó amb peixos'' (1950), ''L'illa dels castanyers'' (1951), ''Pa i raïm'' (1951), ''Un senyor Barcelona'' (1951), ''El carrer estret'' (1952), ''Llagosta i pollastre'' (1952), ''El vent garbí'' (1952), ''Girona'' (1952), «Els pagesos» (1952), «Nocturn de primavera» (1953), «Els anys» (1953), ''Les hores'' (1453), ''Contraban'' (1954), ''Peix fregit'' (1954), ''L'Empordanet'' (1954), ''Cartes d'Itàlia'' (1955), ''Santiago Rusiñol i el seu temps'' (1955), ''Els moments'' (1955), ''Week-end d'estiu a Nova York'' (1955) e ''De l'Empordanet a Barcelona''(1956).
 
Logo da guerra civil publicou versións en castelán pola imposibilidade de facelo en catalán, lingua na que sempre escribiu,; entre a súa produción desa época destacan ''Historia de la Segunda República Española'' (1940-41), que vai rexeitar posteriormente, ''Guía de la Costa Brava'' (1941), ''Las ciudades del mar'' (1942), ''Viaje en autobús'' (1942), ''Rusiñol y su tiempo'' (1942), ''El pintor Joaquín Mir'' (1944), ''Un señor de Barcelona'' (1945) e ''La huida del tiempo'' (1945).
 
En [[1956]] comeza a publicar as súas ''Obras Completas'', que chegouchegaron aos vinte e nove volumes e que quedouquedaron incompletaincompletas pola morte do editor. En [[1966]] comeza con ''El quadern gris'' a publicación das Obras Completas na editorial Destino.
 
En galego apareceu traducido en 1999 ''Viaxe por Galicia: de Ribadeo a Tui'', crónica dunha viaxe realizada por Pla a Galicia.