Heiner Müller: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Richard Wagner
m →‎Traxectoria: Arranxos varios
Liña 5:
Afiliouse ao [[Partido Socialista Unificado de Alemaña]] (''Sozialistische Einheitspartei Deutschlands'', SED) en 1947 e serviu á Asociación de Escritores Alemáns (''Deutscher Schriftsteller-Verband'', DSV) desde 1954. Na década dos anos cincuenta, converteuse nun dos dramaturgos máis importantes da [[República Democrática Alemá]] e gañou o Premio [[Heinrich Mann]] en 1959.
 
Porén, as súas relacións co réxime xermano-oriental comenzaron a deteriorarse a raíz da estrea do seu drama ''Die Umsiedlerin'' (''A colona''), que foi censurado en 1961 logo dunha única representación. Müller foi expulsado da Asociación de Escritores ese ano. O goberno xermano oriental mantivo as obras de Müller baixo cautela durante os anos seguintes, impedindo a estrea de ''Der Bau'' (''Obra de construción'') en 1965 e censurando ''Mauser'' a comenzos dos setenta. Müller comenzou a traballar con grupos e compañías de teatro de Alemaña Occidental durante os anos setenta e oitenta, dirixindo a estrea dalgúns dos seus traballos más coñecidos en [[Múnic]] (''Germania Tod in Berlin'' (''Germania, Morte en Berlín''), 1978), [[Essen]] (''[[Die Hamletmaschine]]'' (''Máquina Hamlet''), 1979) e [[Bochum]] (''Der Auftrag'' (''A misión''), 1982).
 
A súa fama permitiu a Müller obter outra vez unha aceptación máis extensa en Alemaña Oriental. Foi admitido na Academia das Artes da RDA en 1984 —dous anos despois de ser membro da Academia das Artes de [[Berlín Oeste]]. A pesar destas honras, non foi readmitido na Asociación de Escritores de Alemaña Oriental ata 1988, pouco antes da desaparición da RDA. Logo da caída do [[Muro de Berlín]], Müller aínda mantivo a presidencia da Academia das Artes da RDA durante un breve período en 1990.
 
Os últimos cinco anos da súa vida continuou vivindo en Berlín e traballou por toda Alemaña e Europa, particularmente na produción de representacións das súas propias obras. Escribiu algúns textos dramáticos novos, e escribiu moita poesía.
 
En 1990 foi convocado para dirixir [[Tristan und Isolde|Tristán e Isolda]] de [[Richard Wagner|Wagner]] no [[Festival de Bayreuth]]. A súa única produción para o xénero lírico é un testamento da súa recia estética. Foi dirixida por [[Daniel Barenboim]] coa participación de [[Waltraud Meier]] e [[Siegfried Jerusalem]].
 
Müller faleceu en [[Berlín Este]] en 1995, despois de ter obtido o recoñecemento como un dos maiores autores alemáns e o dramaturgo alemán máis importante desde [[Bertolt Brecht]].
 
Entre as súas obras máis coñecidas, ademais das xa citadas, están ''Der Lohndrücker'' (''A costra''), ''Wolokolamsker Chaussee'' (''O camiño a Wolokolamsk'') Partes I-V, ''Verkommenes Ufer Medeamaterial Landschaft mit Argonauten'' (''Ribeira espoliada Medea-material paisaxe con argonautas''), ''Philoktet'' (''Filoctetes''), ''Zement'' (''Cemento''), ''Bildbeschreibung'' (''Descrición dun cadro'') e ''Quartett'' (''Cuarteto'').