Incertae sedis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo lingua
m Arranxos varios
Liña 1:
A expresión '''''Incertae sedis''''' (en [[Lingua latina|latín]]"con posición incerta") é utilizada en [[taxonomía]] para indicar a incapacidade de estabelecer a posición exacta dun [[taxon]] ([[orde (bioloxía)|Orde]], [[familia (bioloxía)|Familia]], [[Xénero (bioloxía)|Xénero]] e/ou [[Especie]]) dentro da clasificación<ref>[http://plants.usda.gov/faq.html] Departmento de Agricultura dos Estados Unidos</ref>. Pode usarse de forma abreviada como ''''inc. sed.''''.
 
A súa necesidade reflicte a parcialidade do coñecemento sistemático, e unhas das razóns que se esconden detrás do seu uso está máis na falta de acordo entre os especialistas da área, que na carencia de información e suposicións sobre o grao de parentesco. O seu uso é provisorio e dura o tempo necesario para reunir probas das relacións do taxon e estabelecer un consenso entre os especialistas ao respecto do posicionamento do [[taxon]] na [[clasificación científica|clasificación]] vixente.
Liña 8:
 
* '''Non inclusión ou escaseza de material para análise''': se unha [[filoxenia|análise filoxenética]] formal é coñecida pero non inclúe un determinado taxon, os autores poden optar por rotular o [[taxon]] como ''incertae sedis'' en vez de facer suposicións en cuanto a súa posición. Isto é particularmente común, cando as [[filoxenia|filoxenias moleculares]] son construídas por análise de tecidos, e a obtención de material de certos [[Órgano|organismos]] fora de difícil aceso. É tamén un escenario común cando [[fósil|taxons fósiles]] son analizados, e a escaseza de material para comparacións e determinación do grao de parentesco se torna difícil, adoptándose entón a posición ''incertae sedis''. Por exemplo: Zielan-Jaworowska e colaboradores descubriron un novo espécime [[fósil]] en [[2007]], o ''Argentodites coloniensis'', mentres, non foi posible a determinación dun posicionamento [[taxonomía|taxonómico]] máis profundo, o taxon foi posto na orde Multituberculata e suborde Cimolodonta, pero non foi posible a determinación da [[familia (bioloxía)|familia]].
* '''Controversia''': ocorre cando hai resultados en conflito ou falta de consenso por parte dos especialistas, no grao de parentesco de determinado [[taxon]]. O ''incertae sedis'' é utilizado até que o conflito sexa resolvido. Por exemplo, o ''Eurotamandua jonesi'' Storch, 1981 é un [[taxon]] controvertido; foi asignado como un Xenarthra polo seu descubridor Storch (1981) e seguido por diversos autores: Storch e Habersetzer (1991), e Rose e Emry (1993); mentres, Shoshani et al. (1997), argumentaron que o ''Eurotamandua'' era un Pholidota e non un xenartro. Outros estudos seguiron situando o taxon como basal no grupo [[Eutheria]] (Gaudin e Branham 1998; Szalay e Schrenk 1998), ate que Rose (1999) situou o ''Eurotamandua'' xunto con o primitivo grupo Palaeanodonta, chegando entón á un consenso. Outra especie enigmática, é a ''Sapayoa aenigma'', [[aves|ave]] colombiana que Sibley e Monroe (1990) situaron nunha infraorde separada ''Incerta Sedis'', nunha posición basal aos ''suboscines'' (Tyrannida) do [[Novo Mundo]], mentres ela non amosa estar emparentada nin cos suboscines do Vello Mundo nin cos do Novo Mundo. Varias traballos científicos xa foron publicados sobre a súa posible inserción, entrementres ningún deles chegou a un consenso (Sibley e Alquist 1990; Sibley e Monroe 1990; Fjeldsa et al. 2003; Kemp e Sherley 2003; Chesser 2004; Irestedt et al. 2006).
 
* '''Posición basal''': é unha tendencia en crecemento entre os taxonomistas, colocar un taxon basal nun [[clado]] que conteña os seus ancestros, para absterse de darlle unha posición mais específica dentro da [[taxonomía]]. Por exemplo, os ancestrais de todos os [[primate]]s sitúanse dentro da orde [[Primate]]s, pero non se delimitan en ningunha [[familia (bioloxía)|familia]] específica (como Lemuridae ou Hominidae), visto que son igualmente emparentados con todos os membros da [[orde (bioloxía)|orde]].