Alejandro Chao: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Liña 5:
Fillo de [[José María Chao Rodríguez]]. En [[1856]] fundou, en colaboración co seu cuñado José Ramón Fernández, o periódico ''[[La Oliva (periódico)|La Oliva]]''. Trasladouse a [[Cuba]] en [[1859]], fixou a súa residencia na [[A Habana|Habana]] en [[1864]] onde creou un centro de publicacións, que máis tarde se converteu en librería e imprenta. En [[1868]] fundou, con [[Francisco de Armas Martínez]], a revista ''[[El Ateneo]]''. Despois publicou sucesivamente os semanarios ''El moro Muza'', ''D.Juanípero'' e ''Juan Palomo'', e o diario político ''La Legalidad''. Tamén exercía de correspondente en Cuba de ''[[El Heraldo Gallego (1874)|El Heraldo Gallego]]''.
 
Creou na Habana a empresa editorial La Propaganda Libertaria, na que se editaron obras como ''[[Follas novas]]'' (1880), de [[Rosalía de Castro]], ''[[Aires da miña terra]]'' (1880), de [[Manuel Curros Enríquez]], e a curiosa ''Menestra de tipos populares de Galicia/copiados al natural por F. Guisasola, salpimentada por varios distinguidos escritores del país'' (Madrid, 1879). Tamén publicou a ''Carta geográfica estadística de la isla de Cuba'', de González de las Peñas, e outras obras de educación, agricultura, administración e literatura. Contribuíu coa súa axuda económica á impresión da ''[[Historia de Galicia (Murguía)|Historia de Galicia]]'' de [[Manuel Murguía]]. Culminou o seu labor co establecemento dunha sucursal en [[Madrid]] para publicar ''[[La Ilustración Gallega y Asturiana]]''. Sostivo a revista a pesar do déficit que lle produciu e protexeu a [[Luís Taboada]], a quen nomeou o seu administrador para que puidese vivir en Madrid. Pouco despois, enfermou na Habana e regresou a Madrid, onde morreu en 1894.
 
== Notas ==
Liña 14:
=== Bibliografía ===
* {{Versaleta|[[Alberto Vilanova|Vilanova Rodríguez, Alberto]]}}: "Chao Fernández, Alejandro" in ''[[Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada]]''
* "Chao Fernández, Alexandre" in ''[[Dicionario biográfico de Galicia]]'', t. 1. p.  248.
=== Outros artigos ===
* [[Eduardo Chao]] (irmán)
 
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Chao Fernandez, Alejandro}}
[[Categoría:Xornalistas de Vigo]]