Abrir o menú principal

Cambios

m
Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}}
'''Matilde Landa Vaz''', nada en [[Badaxoz]] o [[24 de xuño]] de [[1904]] e finada en [[Palma de Mallorca]] o [[26 de setembro]] de [[1942]], foi unha política española do [[Partido Comunista de España|Partido Comunista de España]]
 
== Traxectoria ==
=== Primeiros anos ===
Matilde Landa naceu en [[Badaxoz]] no domicilio familiar da praza de San Andrés (hoxe [https://maps.google.es/maps?q=plaza+de+cervantes+badajoz&hl=es&sll=38.956412,-4.910988&sspn=0.006633,0.010761&t=h&hnear=Plaza+Cervantes,+06002+Badajoz&z=17 praza de Cervantes)], no seo dunha familia podente e librepensadora, na que se fomentaba a educación e a cultura. Filla do avogado [[krausista]] Rubén Landa Coronado e de Jacinta Vaz Toscano, que casaron polo civil en 1886 -algo moi infrecuente naquel momento- en Porcel ([[Portugal]]), lugar de nacemento de Jacinta.<ref>Jiménez-Landi, Antonio. ''La Institución Libre de Enseñanza y su ambiente: Periodo escolar (1881-1907). III, Volumen 3''. Edicions Universitat Barcelona, 1996.</ref> Non foi [[Bautismo|bautizada]], algo infrecuente na época. Tivo dúas irmás: Aida e Jacinta (fundadora con [[José Castillejo]] da ''Escuela Internacional'' e, posteriormente, da ''Escuela Plurilingüe'', ambas en Madrid),<ref>Jiménez-Landi, Antonio. ''La Institución Libre de Enseñanza y su ambiente: Periodo de expansión influyente. IV, Volumen 4''. Edicions Universitat Barcelona, 1996.</ref> e un irmán, Rubén, que chegou a ser catedrático de filosofía, pedagogo e amigo de [[Antonio Machado]]. Os tres faleceron no exilio en [[México]].
 
O seu pai tivo unha intensa vinculación coa [[Institución Libre de Enseñanza]] (ILE), forxando amizade co seu cofundador [[Francisco Giner de los Ríos]] e o pedagogo [[Manuel Bartolomé Cossío]], alumno e posteriormente profesor e director da ILE, chegando a formar parte do primeiro grupo de accionistas do ''Boletín de la ILE'', publicación e institución que foron un referente na educación de todos os seus fillos, incluíndo a Matilde. Rubén, o seu irmán, foi tamén profesor na Institución.
Foi procesada en [[consello de guerra]] polo capitán Álvaro Soto Burgos o 7 de decembro de 1939, polo delito de adhesión á rebelión. Condenada á pena de morte, grazas ás xestións realizadas pola súa irmá Aida co [[filósofo]] e naquel momento [[sacerdote]] [[Manuel García Morente]], converso moi ben relacionado co réxime, alumno e profesor da ILE<ref>[http://www.fundacionginer.org/personalidades.htm Fundación Francisco Giner de los Ríos.] Personalidades.</ref><ref>[http://www.uned.es/dpto-hdi/museovirtualhistoriamasoneria/5historia_masoneria_espana/ILE%20y%20M.htm ''La Institución Libre de Enseñanza y la Masonería.''] UNED.</ref> e amigo de Rubén Landa Vaz, irmán de Matilde, a súa pena foi conmutada pola inmediatamente inferior de trinta anos de reclusión o 18 de xuño de 1940.
 
No seu expediente penal figura, con data de 14 de marzo de 1941, estando recluída xa en Palma de Mallorca, que{{cita|Se recibe y une testimonio de sentencia y liquidación de condena de esta penada a treinta años en causa nº 50.683/39, que con el abono de [[prisión preventiva]] sufrida extinguirá el 22 de septiembre de 1969.<ref name="Expediente">[http://triallibres.com/tugores/page/2/ Expediente penal de Matilde Landa.] </ref>}} A súa conmutación foi un caso absolutamente excepcional, e condicionado ao seu traslado a un penal situado fora da península. Logo da conmutación, Matilde solicitou continuar na galería de penadas co seu labor de asistencia xurídica, sen conseguilo. Despois da súa saída da galería, a dirección da prisión prohibiu a oficina e no seu lugar habilitouse un taller de costura.
 
==== Palma de Mallorca ====
 
== Notas ==
{{listarefListaref|230em}}
 
== Véxase tamén ==
377.008

edicións