Diferenzas entre revisións de «Demi Lovato»

m
Arranxos varios
m (Arranxos varios)
 
== Traxectoria ==
Demi Lovato naceu en Albuquerque, Novo México, e criouse en [[Dallas, Texas|Dallas]], [[Texas]]. Filla de Patrick Lovato e Dianna de la Garza (Hart, de solteira), é de ascendencia mexicana, [[Irlanda|irlandesa]] e [[Italia|italianaitalia]]na. Ten unha irmá máis vella, [[Dallas Lovato]] que tamén é cantante, e unha media-irmá, [[Madison De La Garza|Madison de la Garza]] que tamén é actriz. Súa nai foi unha ''Dallas Cowboys Cheerleader'' e unha [[Música country|cantante country]] famosa na súa cidade local. Seu pai trasladouse a Novo México despois de divorciarse da súa anterior esposa en [[1994]].
 
Demi estudou na escola de [[Educación secundaria|ensino secundario]] ''Cross Timbers'', pertencente ao distrito escolar independente Grapevine-Colleyville, onde foi á clase de [[Coro (grupo musical)|coro]] tres anos. Gañou un diploma de ensino medio mediante educación no fogar en xullo de [[2009]]. Empezou a tocar o piano á idade de sete anos.
 
== Carreira como actriz ==
Comezou en [[2002]], con 10 anos, na serie infantil ''[[Barney & friends]]'', que foi emitida nos anos [[2003]] e [[2004]]. En [[2006]], Demi Lovato fixo un capítulo da serie ''[[Prison Break]]'', onde interpretaba o papel de Danielle Curtin. Tamén interpretou a Nicole na segunda temporada de ''[[Just Jordan|]]''Just Jordan'']], no episodio ''Slippery When Wet''. No ano [[2007]] conseguiu o seu primeiro papel protagonista, na serie de [[Disney Channel]] ''[[As the Bell Rings]]''.
 
No ano [[2008]], protagonizou o filme ''[[Camp Rock]]'' que a levaría á fama internacional. O seu papel foi o de [[Mitchie Torres]], unha adolescente de 14 anos que tiña como soño ser cantante e ir ao campamento musical de verán ''Camp rock''. O filme, só nos EEUU conseguiu na estrea 8,9 millóns de espectadores. En [[2009]], protagonizou a serie orixinal de [[Disney Channel]], ''[[Sonny with a Chance]]'', onde facía de Sunny Monroe, unha humorista no programa en vivo ''So random!''
393.002

edicións