Bombardier CRJ700/900/1000: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
*despegue > engalaxe.
m Arranxos varios
Liña 25:
O traballo de deseño do CRJ700 comezou en [[1995]] e o programa foi oficialmente lanzado en xaneiro de [[1997]]. O CRJ700 é unha variante alongada de 70 asentos do CRJ200. A capacidade de pasaxeiros vai dos 66 aos 78 nas versións do CRJ700. O modelo conta cunha nova á e unha fuselaxe máis longa e lixeiramente máis ancha, co chan máis baixo.
[[Ficheiro:CRJ700 HOP F-GRZE.jpg|miniatura|left|250px|CRJ701 de [[HOP!]]]]
O avión está equipado con dous motores [[General Electric CF34|General Electric CF34-8C1]]. A súa velocidade máxima é de Mach 0,85 (895  km/h) a unha altura máxima de 12.500 m. Dependendo da carga útil, o CRJ700 pode voar a 3.620  km cos seus motores actuais, e unha nova variante cos CF34-8C5 será capaz de viaxar a 4.660  km.
 
O CRJ700 vén en tres versións: Series 700, Series 701 e Series 702. A 700 está limitada a 68 pasaxeiros, a 701 a 70 e a 702 a 78. O CRJ700 tamén ten tres opcións de combustible/peso: a estándar, a ER e a LR. A versión ER ten máis capacidade de combustible ademais de ter maior peso máximo, que fai que teña un maior alcance. Na LR estes dous valores incrementanse aínda máis. A versión executiva comercialízase como Challenger 870.
Liña 32:
 
=== CRJ900 e derivados ===
O CRJ900 é unha versión alongada de 76–90 asentos do CRJ700. Está equipado con dous motores GE CF34-8C5 e engadíronselle slats. O máximo peso na engalaxe é de 38.300 quilos. O avión está levemente baseado na serie CRJ200 cun feixe de importantes melloras. O chan da cabina foi baixado 5  cm gañándose así visibilidades cara o exterior ao quedar as fiestras máis preto do nivel dos ollos. Ten maior envergadura e a cola foi redeseñada.
 
O primeiro CRJ900 foi modificado a partir do prototipo do CRJ700 engadíndolle unha fuselaxe máis longa; posteriormente sería o prototipo do CRJ1000 con extensións da fuselaxe. O CRJ900 compite co [[Embraer 175]], e é máis eficiente por pasaxeiro segundo Bombardier. [[Mesa Air Group]] foi o cliente de lanzamento do CRJ900 pintado coa librea de [[America West]].