Cancro colorrectal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Factores de risco: Arranxos varios
Liña 30:
* Colite ulcerosa crónica ou [[Mal de Crohn|enfermidade de Crohn]], aproximadamente 30% a partir dos 25 anos se o colon enteiro está afectado.
* [[Fumar]]. É máis probable que unha persoa que fuma morra de cancro colorrectal que unha persoa non fumadora. A Sociedade Americana de Cancro fixo un estudo onde se atopou que era un 40% máis probable que as mulleres que fuman morresen de cancro colorrectal que unha muller que nunca fume. Os fumadores masculinos teñen un risco 30% maior de morrer desta enfermidade que os seus homólogos non fumadores.
* Dieta. Os estudos demostran que unha dieta rica en carne e baixa en [[froita]]s, [[Vexetal|vexetais]], [[Ave de curral|aves de curral]] e peixes aumenta o risco de cancro colorrectal (o cal é discutible, pois outros estudos mostraron maior incidencia en vexetarianos).<ref> Véxase http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/19279082</ref> En xuño de 2005, unha investigación polo Estudo Prospectivo Europeo Sobre Cancro e Nutrición suxeriu que as dietas altas en carnes vermellas, do mesmo xeito que aquelas baixas en [[Fibra alimentaria|fibra]], están asociadas a un risco de cancro colorrectal. Aqueles que frecuentemente comen peixe mostraron un risco diminuído.<ref>Véxase reporte del BBC news (inglés). [http://news.bbc.co.uk/2/hi/health/4088824.stm Véxase reporte del BBC news (inglés)]</ref> Porén, outros estudos poñen en dúbida a aseveración de que unha dieta rica en fibra diminúa o risco de cancro colorrectal, máis ben, as dietas baixas en fibra están asociadas a outros factores de risco que é o que causou a confusión de asociala con cancro,<ref>Park Y, Hunter DJ, Spiegelman D, Bergkvist L, Berrino F ''et al''. [http://jama.ama-assn.org/cgi/content/abstract/294/22/2849 Dietary fiber intake and risk of colorectal cancer: a pooled analysis of prospective cohort studies]. ''JAMA'' 2005;294:2849-57. PMID 16352792.</ref> de maneira que a relación entre a fibra dietética e o risco de cancro colorrectal permanece aínda en controversia.
* Actividade física. Aqueles que son activos fisicamente teñen un menor risco de desenvolver cancro colorrectal.
* Colanxite esclerosante primaria, ofrece un risco independente á colite ulcerativa.