Lockheed L-1011 TriStar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios
Liña 17:
| variantes co seu propio artigo =
}}
O '''Lockheed L-1011 Tristar''', comunmente coecido como o '''L-1011''' ou '''TriStar''', é un trirreactor de pasaxeiros de fuselaxe ancha e alcance medio-longo. Foi o terceiro avión de fuselaxe ancha de pasaxe en entrar en servizo comercial, despois do [[Boeing 747]] e do [[McDonnell Douglas DC-10]]. O avión ten capacidade para máis de 400 pasaxeiros e un alcance dunhas 4.000 millas náuticas (7.410  km). A súa configuración con tres motores coloca un Rolls-Royce RB211 baixo cada á, e un terceiro montado no centro cunha entrada de aire en forma de S incrustada na cola e na parte superior da fuselaxe. O aparello ten capacidade de aterraxe automática, un sistema de descenso automatizado, e dispón de cociña e salón na cuberta inferior.
 
O L-1011 TriStar fabricouse con dúas lonxitudes de fuselaxe. O L-1011-1 orixinal voou por vez primeira en novembro de [[1970]], e entrou en servizo con [[Eastern Air Lines]] en [[1972]]. O máis curto de longo alcance L-1011-500 realizou o seu primeiro voo en [[1978]], entrando en servizo con [[British Airways]] un ano despois. O TriStar coa lonxitude orixinal tamén foi fabricado cun maior peso bruto como o L-1011-100, cun motor máis potente como o L-1011-200, e posteriormente cun novo motor como o L-1011-250. Realizáronse conversións unha vez rematada a produción do L-1011-1 con maiores pesos na engalaxe, entre os que estaban os L-1011-50 e L-1011-150.
Liña 26:
{{control de autoridades}}
{{aviación en progreso}}
 
[[Categoría:Aeronaves de Lockheed]]
[[Categoría:Aeronaves de pasaxeiros]]