Friedrich Dürrenmatt: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 4:
 
== Traxectoria ==
Friedrich Dürrenmatt era fillo de Reinhold (1881-1965) e Hulda Dürrenmatt (1886-1975), Seu pai era un pastor reformado e seu avó [[Ulrich Dürrenmatt]] foi un político, xornalista e poeta. En outubro de 1935 a familia trasladouse a [[Berna]], ao ser seu pai o novo sacerdote da casa diaconal<ref>Na tradición protestante reformada suíza as casas diaconais son entidades que actúan como unha obra social [http://www.socialinfo.ch/cgi-bin/dicoposso/show.cfm?id=235 ''Dictionnaire suisse de politique sociale'']</ref>. En 1941 rematou os estudos secundarios e logrou a ''matura'' <ref>A ''matura'' é un certificado que permite o acceso ao ensino universitario</ref> <ref>Peter Rüedi (2011) ''Dürrenmatt oder Die Ahnung vom Ganzen''. Diogenes, Zürich, p. 117 </ref>. Durante uns meses do ano 1941 militou no grupo nazi Eidgenössische Sammlung<ref>[http://www.juedische-allgemeine.de/article/view/id/4065 "Auch du, Friedrich? Dürrenmatts braune Jugendsünden" ''Jüdische Allgemeine'', 12 de xullo de 2007] </ref>.
 
Xa en Konolfingen, empezou a pintar e debuxar, unha inclinación que mantería toda a súa vida. Ilustrou máis tarde, moitas das súas propias obras. As súas pinturas expuxéronse en Neuenburg en 1976 e 1985 e en 197, en [[Zürich]]. De feito pretendeu estudar pintura pero en 1941 matriculouse en [[filosofía]], [[Ciencias naturais|ciencias naturais]] e estudos alemás na [[Universidade de Berna]], realizando o curso 1942/43 na [[Universidade de Zúric|Universidade de Zürich]]. En Berna viviu entre 1942 e 1946 no faiado da casa dos pais, pintando as paredes con murais, o cuarto descubriuse nos anos noventa restaurándose en 1994 <ref>Peter Edwin Erismann und Ulrich Weber (Red.): Die Mansarde. Die Wandbilder aus der Berner Laubeggstraße (24 Abbildungen mit Texten von Friedrich Dürrenmatt und einem Essay von Ludmila Vachtova, hrsg. vom Schweizerischen Literaturarchiv), Zürich 1996, ISBN 325702052X </ref>
 
O 11 de outubro de 1946 casou coa actriz Lotti Geissler; mudáronse primeiro a [[Basilea]], e a partir de 1948 viviron en Schernelz, no lago Biel. Alí escribiu a [[novela policial]] ''Der Richter und sein Henker'' publicada en 1950 e as súas paisaxes están presentes nas súas páxinas así as localidades veciñas como Lamboing.
Liña 12:
[[Max Frisch]] fíxose co manuscrito da primeira peza teatral de Dürrenmatt grazas ao editor Kurt Reiss e decidiu poñela en escena, a estrea de ''Es steht geschrieben'' foi no Schauspielhaus Zürich en abril de 1947, era unha comedia grotesca sobre a rebelión de Münsterer a obra causou un escándalo, xa que o autor escribiu a obra como un remedo da actuación de Suíza na guerra, espectadora da traxedia á vez que se enriquecía oufanándose da súa actuación <ref>[https://elpais.com/diario/1990/12/15/cultura/661215601_850215.html Eduardo Haro Tecglen "Muere Dürrenmatt, escritor del pesimismo"], ''El País'', 15 de decembro de 1990</ref> O ano seguinte foi a estrea da súa segunda obra, xa en Basilea, o drama ''Der Blinde''. A terceira peza foi a comedia ''Romulus der Große''.
 
Os primeiros anos como un escritor estiveron cheos de dificultades económicas para o autor e a súa familia pero a súa situación financeira mellorou gradualmente, especialmente grazas ás súas pezas de [[Teatro radiofónico|teatro radiofónico]]. En 1950 publicou en Arche Verlag a novela policial ''Der Richter und sein Henker'' e ao ano seguinte ''Der Verdacht'', as dúas eran continuación de historias que apareceran no ''Schweizerischen Beobachter''. En 1952 estableceuse coa súa familia en Neuenburg.
 
A comedia ''Die Ehe des Herrn Mississippi'', tivo a súa escrea en Múnic en 1952 e foi o seu primeiro grande éxito. A fama internacional chegoulle en 1956 coa traxicomedia ''Der Besuch der alten Dame''. A comedia musical ''Frank der Fünfte'' (1959) foi un fracaso pero en 1962 tivo o seu segundo éxito internacional co drama satírico ''Die Physiker''. En 1963 realizou a estrea dunha peza teatral baseada nunha peza de teatro radiofónico de 1954, ''Herkules und der Stall des Augias''. ''Der Meteor'' (1966) foi a súa peza máis persoal, e o terceiro éxito internacional. Escribiu outras moitas pezas, como ''[[O colaborador]]''<ref>[http://centrodramatico.xunta.gal/cdg/centro/obra_h.php?id=cdg_obra50_colab&lg=gal Versión galega producida polo CDG en 2002]</ref> (1972)
Liña 21:
<references />
{{control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Dürrenmatt, Friedrich}}
[[Categoría:Doutores honoris causa por universidades]]