Al-Jahiz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Procedía dunha familia moi pobre da tribo dos Banu Kinanah.<ref> Yāqūt (1993) ''Irshād al-arīb ilá ma`rifat al-adīb'' Beirut: Dār al-Gharb al-Islāmī, vol. 5, p. 2102</ref>
 
De neno vendía peixe nas canles de Basora para axudar a familia. Malia as dificultades financeiras ía con outros mozos á mesquita para discutir diferentes materias científicas, e tamén acudía a disertacións dadas por expertos en [[filoloxía]], [[lexicografía]] e [[poesía]]. Ao longo dos anos acadou un coñecemento considerable da poesía, filoloxía e historia preislámica árabe. Tamén estudou o [[Corán]] e os hadiths. Ademais, al-Jāḥiẓ lía libros traducidos do grego de ciencias e [[filosofía helenística]], especialmente de [[Aristóteles]]. O período que vivía o [[califato]] abbásida facilitou a súa educación, era un período de revolución cultural e intelectual, dispoñer de libros era doado o que facilitaba o coñecemento.
[[Ficheiro:Al-Jahiz.jpg|miniatura|Unha xirafa. Debuxo de ''Kitab al-Hayawan'' ]]
Durante a súa vida escribiu arredor de douscentos libros de moi diversos temas, gramática árabe, [[zooloxía]], poesía, lexicografía, e [[Retórica|retórica]]. Consérvanse trinta libros e fragmentos doutros moitos. Así e todo, a maioría das súas obras teolóxicas e políticas non se conservan <ref>[https://www.britannica.com/biography/al-Jahiz "Al-Jāḥiẓ"], ''Encyclopaedia Britannica''</ref>. Al-Jāḥiẓ foi tamén un dos primeiros escritores árabes en suxerir unha revisión completa do sistema gramatical da lingua, algo que retomaría [[Ibn Maḍā]] dous séculos despois<ref> Shawqi Daif (1947) ''Refutation of the Grammarians''. Cairo p. 48. </ref>.
 
Al-Jāḥiẓ mudouse a Bagdad, entón a capital do califato no ano 816. Os [[Abbásida|Abbásidas]]s favoreceron os científicos e eruditos e fundaron a [[Casa da Sabedoría]]. Por mor deste padroádego dos califas e a súa ansia de establecer e lograr unha audiencia máis ampla, al-Jāḥiẓ permaneceu en [[Bagdad]] (e máis tarde en [[Samarra]], e alí escribiu moitos dos seus libros. Gozou do mecenado de [[Al-Fath ibn Khaqan]], favorito do califa [[Al-Mutawakkil]], mais despois do seu asasinato en decembro de 861 deixou Samarra para ir á súa localidade natal.
 
== Libros ==
[[Ficheiro:Al-Jahiz_-_pages_from_Kitaab_al_Hayawaan_4.jpg|miniatura|Unha páxina de ''Kitāb al-hayawān'' amosando unha [[avestruz]] (''Struthio camelus'') nun niño con ovos.]]
 
=== Kitab al-hayawan ===
''Kitab al-hayawan'' é unha enciclopedia en sete volumes con anécdotas, proverbios e descricións poéticas de 350 variedades de animais.
 
=== Kitab al-bukhala ===
''Kitab al-bukhala'' é unha colección de historias sobre a [[Avaricia| avaricia]], emprega un ton [[Humor|humorísticohumor]]ístico e [[Sátira|satírico]] e constitúe o mellor exemplo de [[Prosa|prosa]] do autor. No libro ridiculiza a mestres, esmoleiros, [[Canto|cantantes]] e [[Escriba|escribasescriba]]s polo seu comportamento avarento.
 
=== Kitab al-bayan wa al-tabyin ===
''Kitab al-bayan wa al-tabyinn'' é unha das súas últimas obras, nela escribiu sobre epifanías, discursos retóricos, líderes sectarios e príncipes. Considérase o primeiro chanzo na teoría literaria árabe seguindo un modelo sistemático e formal<ref>G. J. H. Van Gelder, ''Beyond the Line: Classical Arabic Literary Critics on the Coherence and Unity of the Poem'', p. 2. </ref>. Al-Jahiz define a elocuencia como a habilidade do falante para elaborar unha mensaxe eficaz ao tempo que breve e elaborada<ref>G.J. van Gelder (1978) "Brevity in Classical Arabic Literary Theory." in ''Proceedings of the Ninth Congress of the Union Européenne Des Arabisants Et Islamisants'': Amsterdam, p. 81</ref>.
 
=== Kitab mufakharat al-jawari wa l-ghilman ===
''Kitab mufakharat al-jawari wa l-ghilman'' é unha obra sobre concubinas e efebos. Os contos eróticos que a compoñen manifestan unha sensualidade desfreada, revelando como se percibía a sexualidade na época.
 
=== Risalat mufakharat al-sudan ʿala al-baydan ===
Liña 33:
{{Reflist}}
{{control de autoridades}}
 
[[Categoría:nadosNados en 776]]
[[Categoría:Nados en Basora]]
[[Categoría:Teólogos musulmáns]]