Ficus elastica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
m Arranxos varios
Liña 34:
 
== Descrición ==
[[Árbore]] grande do grupo dos Ficus epífitos, acadando 30-4030–40 m (raramente 60 m) de altura, cun tronco macizo irregular, de 2 m de diámetro, que desenvolve raíces aéreas e [[Contraforte|contrafortescontraforte]]s para o ancorar ao chan e axudar a soportar as pesadas pólas case horizontais. [[Folla|Follas]]s largas, brillantes, ovais, de 10-35 10–35 cm de longo e 5-15 5–15 cm de largo; ese tamaño é maior en plantas novas (ocasionalmente de 45  cm de longo), moito máis miúdas en exemplares vellos (tipicamente de 10  cm de longo). As follas desenvolven unha vaíña no meristemo apical, que vai medrando a medida que a nova folla crece. Cando madurece, desprégase e a vaíña cae da planta. Dentro da folla nova, atópase outra inmatura.
 
Coma noutros membros do xénero ''[[Ficus]]'', as [[Flor|floresflor]]es requiren unha especie particular de avespa do figo para se polinizaren, nunha relación de coevolución. Por mor desta relación, esta árbore non produce flores nin coloridas nin recendentes para atraer outros polinizadores. O [[froito]] é un [[figo]] miúdo, amarelo averdado oval, de 1  cm de longo, apenas comestíbel; con só unha [[semente]] viábel, onde se atopa a [[avespa]] pertinente.
 
=== Cultivo e usos ===
[[Ficheiro:Ficus_elastica1.jpg|miniatura|320x320px|Toro de ''F. elastica'' con raíces aéreas.]]
''Ficus elastica'' cultívase mundialmente como [[planta ornamental]], como planta de exterior en climas cálidos desde o trópico ás rexións mediterráneas, e en climas fríos como [[Planta de interior|planta de interior.]]. Aínda que crece en [[Hawai]], a especie de avespa do figo requirida para permitir a súa propagación por semente non existe.
[[Ficheiro:Starr_070906-9082_Ficus_elastica.jpg|miniatura|320x320px|Follas]]
En cultivo, prefire exposicións asolladas, mais non altas temperaturas. Tolera ben a seca, aínda que prefire a humidade e prospera mellor en condicións tropicais. As variedades híbridas derivadas de ''Ficus elastica'' robusta con follas moito máis largas, rexas e ergueitas son máis utilizadas como planta ornamental ca a especie silvestre. Existen moitos destes híbridos, a miúdo con follas variegadas.
 
Cando se produce unha ferida o [[látex]] abrolla abundantemente, polo que ao realizar podas é conveniente cubrir os cortes con cinsa ou po de carbón para evitar o <span>sangrado''.''</span>
 
A maioría das plantas cultivadas prodúcense por [[Reprodución asexual|reprodución asexual.]]. Xeralmente faise por plantado de [[Esgallo|esgallosesgallo]]s ou [[porbaixa]]<nowiki/>s aéreas. Este último método require facer un corte no talo, a ferida, co látex zumegante, aspérxese con hormonas enraizantes, envólvese con mofo de esfagno húmido. Entón envólvese todo con plástico e mantense así uns meses. Ao cabo dese período de espera teranse desenvolvido novas raíces dos gomos auxiliares. O talo xa se pode cortar por baixo das raíces e a nova planta ponse en vaso.
 
O látex da árbore usouse para facer [[caucho]], antes de usarse a [[Hevea brasiliensis|''Hevea brasilensis''.]] Este zume é moi irritante aos ollos e pel, e fatal se se inxire.