Abrir o menú principal

Cambios

m
→‎top: Arranxos varios
[[Ficheiro:Tray-of-sausages.jpg|miniatura|Salchichas cociñadas.]]
A '''salchicha''' é un produto de forma alongada e cilíndrica elaborado cunha mestura de [[carne]] e graxa picadas (xeralmente de [[Carne de porco|porco]]), sazonada con [[Sal común|sal]], [[pementa]] e outros [[condimento]]s e aditivos, embuchada nunha tripa natural ou artificial, que pode comercializarse cru, cocido ou afumado<ref>VV. AA. (2012) ''Dicionario de alimentación e restauración'', Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega</ref>. É un preparado cárnico de orixe [[Alemaña|alemá]], semellante aos [[chourizo]]s.
 
Para a súa elaboración adóitase aproveitar as partes do animal que, aínda que sexan comestibles e adoito nutritivas, non teñen un aspecto particularmente apetitoso, como a graxa, as vísceras e o sangue. Esta carne é introducida nunha envoltura, que tradicionalmente é o intestino do [[animal]], aínda que actualmente se utiliza [[coláxeno]], [[celulosa]] ou incluso [[plástico]], especialmente na produción industrial.
381.287

edicións