Trojan F1: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Fendetestas (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios
Liña 20:
'''Trojan''' foi un fabricante de [[automóbil]]es de [[Fórmula Un]] do [[Reino Unido]].
 
O fabricante de automóbiles [[Trojan (automoción) | Trojan Limitada]] foi fundada por [[Leslie Hounsfield]] en 1914 en [[Purley Way]], [[Croydon]], no [[sur de Londres]] producía coches e, sobre todo furgonetas de repartimento ata 1964.
 
Ao redor de 1960, a fábrica de Trojan foi vendida a Peter Agg que vendía scooters [[Lambretta]] no mercado británico. En 1962, adquiriu o dereito a fabricar o [[microcoche]] [[Heinkel]] e a liña de produción trasladouse de [[Dundalk]], [[Irlanda]] a Croydon, [[Surrey]]. A produción continuou ata 1965, producindo preto de 6.000 coches. Tamén en 1962, Trojan adquiriu o negocio de autos deportivos [[Elva (automoción) | Elva]] e empezou a facer o Mk IV Elva Courier.
 
Isto á súa vez levou á fabricación de coches de carreiras do equipo [[McLaren]] ata que a produción de vehículos, finalmente cesou na década de 1970. Trojan limitada segue existindo como unha compañía independente, aínda que a fábrica foi vendida na década de 1970.
 
Participou en oito grandes premios, entrando nun total de 8 coches. En 1974 [[David Purley]] gañou o [[Brighton Speed Trials]] pilotando un Trojan-Chevrolet T101. O McLaren M1 produciuno Peter Agg's Lambretta Trojan Group en [[Rye, Sussex]]. Construíron 200 McLaren durante dez anos.
 
== Resultados Completos na Fórmula Un ==