Diferenzas entre revisións de «José Zorrilla»

m
Arranxos varios
m (Arranxos varios)
O carácter imposto dos estudos e maila súa atracción polo [[debuxo]], as mulleres (unha curmá da que namorou durante unhas vacacións) e a [[literatura]] de autores coma [[Walter Scott]], [[James Fenimore Cooper]], [[Chateaubriand]], [[Alexandre Dumas (pai)|Alejandro Dumas]], [[Victor Hugo]], o [[Ángel de Saavedra|Duque de Rivas]] ou [[José de Espronceda|Espronceda]], levaron o seu futuro por outros vieiros. O pai desistiu do intento de tirar proveito do seu fillo e en [[1836]] mandouno levar a Lerma a cavar [[vide]]s, pero de camiño o mozo roubou unha [[mula]], fuxiu a Madrid e iniciouse na vida literaria frecuentando os ambientes artísticos e [[bohemia|bohemios]] da vila, malia pasar moita fame.
 
Finxiu ser un artista [[italia]]no para debuxar no Museo das Familias. Publicou algunhas poesías en ''El Artista'' e pronunciou discursos revolucionarios no Café Nuevo, que o levaron a ser perseguido pola policía, tendo que refuxiarse na casa dun xitano. Daquela fixo amizade con [[Miguel de los Santos Álvarez]] e o italiano [[Joaquín Masard]]. Trala morte de [[Mariano José de Larra|Larra]] en [[1837]], José Zorrilla declama na súa memoria un improvisado poema co que logra a amizade de [[José de Espronceda]] e [[Juan Eugenio Hartzenbusch]], e que o consagraría coma poeta de renome. Comezou a escribir para os periódicos ''El Español'', onde substituíu ao falecido, e ''El Porvenir''. Empezou a frecuentar a [[tertulia]] de [[El Parnasillo]] e leu poemas en El Liceo.
 
O seu primeiro drama, escrito en colaboración con García Gutiérez, foi ''Juan Dándolo'', estrenado en xullo de [[1839]] no Teatro del Príncipe. En [[1840]] publicou os ''Cantos del trovador'' e estrenou tres dramas, ''Más vale llegar a tiempo'', ''Vivir loco y morir más'' e ''Cada cual con su razón''. En 1842 publica ''Vigilias de Estío'' e dá a coñecer as obras teatrais ''El zapatero y el rey'', ''El eco del torrente'' e ''Los dos virreyes''.
Nese país tivo unha vida de illamento e pobreza, sen mesturarse na guerra civil entre federalistas e unitarios. Porén, trala chegada ao poder de Maximiliano I en [[1864]], Zorrilla convertirse en poeta académico e foi nomeado director do [[Teatro Nacional de México|Teatro Nacional]].
 
Trala morte da súa esposa, regresou a [[España]] en [[1866]]. Tras saber do fusilamento de Maximiliano, verqueu no poema ''[[El drama de un alma|]]''El drama de un alma'']] todo o seu odio contra os liberais mexicanos, así como contra os que abandonaran ao seu amigo, [[Napoleón III]] e o [[Papa]]. Desde entón a súa [[Fe (relixión)|fe]] relixiosa sufriu un duro golpe. Recuperouse casando con [[Juana Pacheco]] en [[1869]], pero regresaron os seus apuros económicos que non puideron evitar nin os recitais públicos da súa obra, nin unha comisión gobernamental en [[Roma]] ([[1873]]), nin unha pensión outorgada demasiado tarde, aínda que recibía a protección dalgúns personaxes da alta sociedade española coma os [[José Manuel de Goyeneche y Gamio|condes de Guaqui]]. Porén, as honras seguían a caer sobre el: cronista de [[Valladolid]] ([[1884]]), coroación coma poeta nacional laureado en [[Granada]] en [[1889]] etc.
 
Morreu coma consecuencia dunha operación efectuada para extraerlle un tumor cerebral. Foi enterrado no [[Camposanto de San Xusto de Madrid|camposanto de San Xusto]] de [[Madrid]], pero en [[1896]], cumprindo a súa vontade, os seus restos foron levados a [[Valladolid]]. Na actualidade atópanse no Panteón de Vallisoletanos Ilustres do camposanto do Carme.
* ''[[Traidor, inconfeso y mártir]]'' ([[1849]])
 
{{ORDENAR:Zorrilla, Jose}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Zorrilla, Jose}}
[[Categoría:Escritores en lingua castelá]]
[[Categoría:Escritores de España]]
393.002

edicións