Abrir o menú principal

Cambios

m
Arranxos varios
A dinastía Song pode ser dividida en dous períodos: o do Song do Norte (北宋) de [[960]] a [[1127]], que se refire ao período en que a capital do Imperio chinés estaba na cidade setentrional de [[Kaifeng]]; e o do Song do Sur (南宋), de [[1127]] a [[1279]], que comezou cando o Imperio perdeu o control de Kaifeng e do norte da China a mans da [[Dinastía Jin (1115-1234)|Dinastía Jin]]. Durante este período final, a dinastía levou a súa capital a [[Hangzhou]], ao sur do [[río Yangtzé]].
 
Tai Tsu e os seus sucesores esforzáronse por reorganizar China despois de máis de cincuenta anos de [[guerra civil]], pero a tarefa era superior ás forzas de que dispoñían. En [[1068]], [[Wang An-Shih]], primeiro ministro no tempo do emperador [[Sung Shen Tsung]], impulsou unha reforma do goberno, simplificou o sistema de impostos e diminuíu o exército, transformándoo nunha forza de dimensións máis razoábeis.
 
Porén, estas reformas non foron debidamente executadas, o que abriu o camiño para que os [[Mongolia|mongois]], comandados por [[Genghis Khan]] e despois por [[Kublai Khan]], acabaran por ocupar o país, en [[1279]]. Antes diso, os mongois xa conquistaran o norte da China, acabando coa dinastía Jin en [[1234]].
{{Imperios}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Historia da China]]
378.256

edicións