Kriegsmarine: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: ru:Кригсмарине
Maañón (conversa | contribucións)
Liña 18:
Os feitos máis importantes da [[Segunda Guerra Mundial]] onde participou a ''Kriegsmarine'' durante o primeiro ano de guerra foi a [[Batalla do Río da Prata]] e o afundimento do HMS ''Royal Oak'' e o HMS ''Courageous''. A [[Batalla do Atlántico]] comezaría ese ano, aínda que a frota de submarinos alemá estaba paralizada pola escasez de bos portos dende os cales atacar aos barcos aliados.
 
En abril de [[1940]], a principal acción onde actuou foi a invasión de [[Noruega]], onde sufriu perdas moi importantes, incluíndo o cruceiro pesado ''Blücher'', afundido pola fortaleza costeira de Oscarsborg no ''Oslofjord'' (fiordofiorde de [[Oslo]]), e dez destructores perdidos na [[Batalla de Narvik]]. A ''Kriegsmarine'' afundiría tamén un bo número de buques ingleses, incluíndo o portaavións HMS ''Glorious''.
 
As perdas na campaña norueguesa fixeron que só uns poucos barcos pesados estivesen preparados para actuar na planexada, aínda que nunca levada a cabo, invasión de [[Gran Bretaña]], a chamada ''Unternehmen Seelöwe'' ([[Operación León Mariño]]), no verán de [[1940]]. Despois da caída de [[Francia]] e da conquista de [[Noruega]], a frota de [[submarino]]s alemáns foi levada máis preto das rutas británicas no [[Atlántico]]. Ao principio, os convois mercantes británicos carecían de escoltas equipados con [[rádar]]; polo tanto, os submarinos eran moi difíciles de detectar durante os seus ataques de superficie nocturnos. Ese ano foi por esas razóns un dos máis exitosos, debido á cantidade de mercantes afundidos en comparación cos submarinos perdidos.