Palladianismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:Andrea palladio fourth book image.jpg|thumb|300px|Proxecto da vila con pórtico superposto, do libro IV de ''I Quattro Libri dell'Architettura'' de [[Andrea Palladio]], nunha edición publicada en [[Londres]] en [[1736]].]]
O '''palladianismo''' ou '''arquitectura palladiana''' é un estilo [[Arquitectura|arquitectónico]] orixinalmente creado polo arquitecto italiano [[Andrea Palladio]] (1508–1580).<ref> Volum 15, ''La Gran Enciclopèdia en català'' (2004), Barcelona, Edicions 62, ISBN 84-297-5443-1</ref> Aínda que o termo palladiano se refire á obra deste artista e a todas aquelas inspiradas por el, o que se coñece como un palladianismo é unha evolución dos mesmos conceptos orixinais de Palladio.
O desenvolvemento do palladianismo como un estilo autónomo comezou no [[século XVI]] e continuou até finais do [[século XVIII]], onde influíu notablemente na [[Neoclasicismo|arquitectura neoclásica]], polo seu amplo gusto polo clásico. Este estilo espallouse dende o [[Véneto]] a toda [[Europa]] e outras partes do mundo. No [[Reino Unido]], o palladianismo chegou a ser moi popular a mediados do [[século XVII]] por mor da obra de [[Christopher Wren]]. Nas construcións de estilo [[clasicismo|clásico]] sucedeu ó [[Barroco]], como unha renovación das formas da antigüidade.
 
A comezos do século XVIII, estivo de moda non só no eido británico, senón na maioría dos países do Norte de Europa. Máis adiante, cando o estilo comezou a esmorecer en Europa, rexurdiu con forza en [[América do Norte]], con bos exemplos nos edificios deseñados por [[Thomas Jefferson]].
Liña 26:
=== Palladianismo norteamericano ===
* [http://www.iath.virginia.edu/wilson/home.html Arquitectura de Thomas Jefferson] {{en}}
* [http://www.monticello.org/ Páxina oficial de Monticello]{{en}}
 
[[Categoría:Estilos arquitectónicos]]