Eric II de Noruega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Arranxos varios
Liña 1:
'''Erik Magnusson''', apodado ''o inimigo dos curas'' (en [[idioma noruegués|noruegués]], '''''Eirik prestehater'''''). Nado no [[1268]] e finado en [[Bergen]] o [[15 de xullo]] de [[1299]]. Foi rei de [[Noruega]] de [[1280]] a [[1299]] baixo o nome de '''Eric II de Noruega'''.
 
== Traxectoria ==
Liña 8:
Foi coroado en [[Bergen]] o [[2 de xullo]] de [[1280]], contando con só 12 anos de idade. Por mor da súa curta idade, o goberno recalou nas mans dos seus conselleiros, entre os que atopábase a súa nai, a raíña viúva, Ingeborg.
 
É recordado como un rei débil, cuxas decisións sempre estiveron influídas polo seus conselleiros, aínda cando acadou a maioría de idade (15 anos). Recibiu o sobrenome de ''o inimigo dos curas'' pola tensa relación que mantivo coa igrexa norueguesa. Porén, a situación en realidade reflectía a rivalidade do [[clero]] coa [[aristocracia]], que se fixera co control do goberno.
 
Probablemente pola cuestión dos reclamos da herdanza da súa nai en [[Dinamarca]], Erik II apoiou a bandidos que, como Stig Andersen Hvide, asolaron as costas dinamarquesas despois da morte de [[Erik V de Dinamarca|Erik V]].
Liña 16:
=== Matrimonio e fillas ===
En [[1281]], casou coa princesa [[Margarida de Escocia, raíña de Noruega|Margarida de Escocia]], filla do rei [[Alexandre III de Escocia|Alexandre III]]. O compromiso pactárase anos atrás, nun intento do seu pai, Magnus VI, de mellorar as relacións con Escocia. Margarida finou poucos anos despois, en [[1283]], dando a luz a súa filla.
* [[Margarida I de Escocia|Margarida]] ([[1283]]-[[1290]]), raíña de Escocia.
 
O [[25 de setembro]] de [[1293]] casou con outra princesa escocesa, [[Isabel Bruce]], irmá de [[Roberto I de Escocia]]. Deste matrimonio tivo outra filla:
* Ingeborg ([[1297]]-[[1353]]), princesa de [[Suecia]] e duquesa de [[Finlandia]], esposa do duque [[Valdemar Magnusson de Finlandia|Valdemar de Finlandia]].
 
{{Sucesión| título = [[Noruega|Rei de Noruega]] | período = [[1280]] - [[1299]] | predecesor = [[Magnus VI de Noruega|Magnus VI]] | sucesor = [[Haakon V de Noruega|Haakon V]]}}