Diferenzas entre revisións de «Focas, emperador»

m
→‎Traxectoria: Arranxos varios
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}})
m (→‎Traxectoria: Arranxos varios)
'''Caesar Flavius Phocas Augustus''', [[Emperadores bizantinos|emperador bizantino]] entre [[602]] e [[610]], é quizais unha das figuras máis sinistras que leven o título imperial en toda a historia de [[Imperio Bizantino|Bizancio]]. Arrebatou o trono ao emperador [[Mauricio, Emperador|Mauricio]], e foi á súa vez destronado por [[Heraclio]].
== Traxectoria ==
Non se sabe case nada da súa vida anterior á súa subida ao poder. Era posibelmente de orixe [[tracios|tracia]]. Cara ao ano 600, servía como oficial do exército nos Balcáns e parece ser que era considerado un líder polos seus compañeiros de armas, xa que foi elixido membro dunha delegación enviada polo exército ese mesmo ano a Constantinopla para expoñer as súas queixas acerca do comandante Comentiolus. As reclamacións da delegación foron rexeitadas, e, segundo varias fontes, o propio Focas foi tratado con desconsideración por destacados oficiais da corte.
 
En [[602]], Mauricio ordenou ao exército dos Balcáns, por entón en campaña contra os [[ávaro]]s, que pasase o inverno ao norte do Danubio. O exército rebelouse e marchou cara á capital, con Focas á cabeza. No prazo dun mes o poder de Mauricio esvaeceuse, e as diferentes faccións de Constantinopla aclamaron a Focas como emperador. Mauricio intentou fuxir, pero foi capturado e executado, do mesmo xeito que os seus catro fillos menores: no entanto, Focas deu cristiá sepultura ao cadáver do seu predecesor.
 
O reinado de Focas foi ao principio ben recibido porque baixou os impostos, que subiran durante o mandato de Mauricio. Pero tivo que facer fronte a unha forte oposición, pois era visto por moitos como un usurpador, xa que a súa subida ao poder fora o primeiro cambio violento de réxime desde a fundación de Constantinopla por [[Constantino I o Grande|Constantino]]. Segundo as fontes, reprimiu a oposición con crueldade, asasinando a milleiros de persoas co fin de se manter no poder. É posíbel que o número das súas vítimas sexa esaxerado, xa que a maior parte dos relatos sobre o seu reinado foron escritos durante o goberno dos seus sucesores, interesados en ennegrecer a reputación de Focas.
 
[[Ficheiro:RomaForoRomanoColonnaFoca2.JPG|miniatura|[[Columna de Focas]], o último monumento erixido no Foro de Roma.]]
393.002

edicións