Diferenzas entre revisións de «Richard Dreyfuss»

m
Arranxos varios
m (Arranxos varios)
 
== Traxectoria ==
Fillo dun avogado, os primeiros anos da súa vida transcorreron en Nova York, ata que, á idade de nove anos, trasladouse coa súa familia aos [[Os Ánxeles]] ([[California]]), onde comezou a súa carreira como actor. Participaba en obras teatrais no centro xudeu de [[Beverly Hills]]. Aos 15 anos de idade foi seleccionado para actuar en televisión. Matriculouse na universidade, pero ao ano foi chamado a filas para ir á [[guerra de Vietnam]]. Declarouse obxector de conciencia e absolveu un servizo alternativo como auxiliar nun hospital. Ao mesmo tempo interveu en pequenos papeis de series de televisión. Durante os anos seguintes actuou en varios teatros de Nova York, tanto en [[Broadway]], como noutros teatros.
 
A primeira participación de Dreyfuss nunha película de cine foi moi curta, no graduado, na que tivo que dicir unha soa frase. Pouco despois interveu en [[Dillinger]] e,sobre todo, en [[American Graffiti]], en [[1973]], película que tivo un considerable éxito, e na que participou tamén [[Harrison Ford]].
 
O seu primeiro papel protagonista tívoo Dreyfuss nun filme canadense, e despois xa foi contratado por [[Steven Spielberg]] para ''[[Tiburón (filme)|Tiburón]]'', película coa que Dreyfuss deuse a coñecer ás grandes audiencias. Dous anos despois Spielberg contou con el de novo para ''[[Close Encounters of the Third Kind]]'', que tivo un éxito comparable á anterior. A partir de entón a carreira de Dreyfuss seguiu unha traxectoria ascendente. En [[1977]] interpretou ''The Goodbye Girl'', película pola que gañou un [[Oscar ó mellor actor]]. Foi o actor máis novo en recibir este galardón na historia dos Oscar.
 
Durante os seguintes anos, Dreyfuss interveu en varias películas, pero ningunha delas tivo un éxito significativo de taquilla. Isto contribuíu posiblemente a que tomase drogas en doses crecentes, ata que sufriu un accidente de coche. A raíz diso ingresou nun centro de desintoxicación e conseguiu librarse das drogas. Volveu entón ao cine e actuou en varias películas, nas que demostrou que seguía sendo o mesmo gran actor. Desde entón foi aparecendo de forma regular non só no cine, senón tamén en televisión e no teatro, e é considerado como un dos actores máis sólidos e apreciados do momento actual.
 
Dreyfuss estivo casado por primeira vez entre [[1983]] e [[1995]], de cuxo matrimonio ten tres fillos. En [[1999]] casou por segunda vez.
 
Dreyfuss padece de [[trastorno bipolar]]. En [[2006]], apareceu no documental de [[Stephen Fry]], ''Stephen Fry: The Secret Life of the Manic Depressive'', onde Fry (quen tamén padece desta desorde) entrevistouno en relación á súa vida coa enfermidade.
 
== Filmografía ==
 
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Dreyfuss, Richard}}
[[Categoría:Actores de Nova York]]
387.713

edicións