Lingua turca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios
Liña 30:
A '''lingua turca''',<ref>{{DRAG|turco}}</ref> ({{Audio|Turkce.ogg|''Türkçe''}}) é a máis estendida das [[linguas turcas]], con arredor de 10–15 millóns de falantes nativos no sueste de Europa e entre 55 e 60 millóns de falantes en [[Asia Occidental]]. A lingua fálase sobre todo en [[Turquía]], con pequenas comunidades en Alemaña, Bulgaria, Macedonia, [[República Turca do Norte de Chipre]], Grecia, o Cáucaso, e outras partes de Europe e Asia central. Pertence á familia das [[linguas altaicas]]. As linguas máis próximas ao turco son o [[lingua azarí|azarí]] e o [[lingua turcomá|turcomán]].
 
As orixes da lingua atópanse na [[Macizo de Altai|rexión de Altai]], na [[estepa euroasiática]], onde se coñecen os primeiros escritos que teñen uns 1.300 anos de antigüidade. No oeste, a influencia do [[Lingua turca otomá|turco otomán]], a lingua administrativa e literaria do [[Imperio Otomán]] que mantiña unha morfoloxía e sintaxe principalmente turca mentres o vocabulario era primordialmente árabe e persa <ref>Gábor Ágoston, Bruce Alan Masters (2010)''Encyclopedia of the Ottoman Empire''Infobase Publishing, p. 322</ref>, estendeuse segundo ía medrando o Imperio. En 1928, como parte das reformas [[Mustafa Kemal Atatürk|Atatürk]] na recente [[Turquía|República de Turquía]], a escrita otomá foi substituída polo [[alfabeto latino]], así como se reformulou o vocabulario eliminando gran parte do léxico árabe e persa.
 
As características distintivas do turco son a [[harmonía vocálica]] e a [[lingua aglutinante|aglutinación]]. A orde básica das palabras é [[suxeito obxecto verbo]]. O turco non ten clases de nomes ou [[xénero gramatical]]. Ten un uso moi forte das fórmulas de tratamento e de cortesía. Usa o [[pronome]] de [[persoa gramatical|segunda persoa]] que distingue diferentes graos de cortesía, espazo social, idade ou familiaridade.