Diccionario gallego-castellano (1913): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos
m →‎Elaboración: Arranxos varios
Liña 3:
 
== Elaboración ==
O dicionario elaborouno [[César Vaamonde Lores]]<ref>Ricardo Carballo Calero ''Gramática elemental del gallego común''. Galaxia, 6ª ed., 1976, páxina 40</ref>, cun criterio de autoridade, constituíndo o primeiro dicionario galego que se preocupou pola modernización da lingua<ref>Antón Santamarina ''Norma e estándar'' en Henrique Monteagudo (ed). ''Estudios de sociolingüística galega. Sobre a norma do galego culto''. Galaxia, 1995, páxina 83</ref> e non só por recoller formas usadas. Publicáronse 26 fascículos de 16 páxinas cada un, interrompéndose no número 27 por falta de fondos e por disensións internas no seo da RAG, malia que houbo iniciativas para continualo e mesmo en [[1956]]<ref>Benigno Fernández Salgado ''The First Galician Academic Dictionary and his Theoretical Blackground'' en ''History of Linguistics 1996'':''Seventh International Conference on the History of the Language Sciences''. Volume 2, John Benjamins Publishing Company, 1999, páxina 344</ref> chegou a se anunciar a publicación dun novo fascículo que nunca saíu do prelo. O dicionario tiña eivas notables, así case a totalidade das entradas e dos exemplos do galego antigo baséanse en edicións defectuosas<ref>Antón Santamarina ''Los diccionarios gallegos y su versión electrónica'' en Germà Colón e Lluís Gimeno (eds.) ''Els noms i els conceptes: noves tendències en l'estudi del lèxic''. Universitat Jaume I, 2006, páxina 199</ref> e a súa estrutura proviña do ''Diccionario de la Lengua Castellana'' da [[Real Academia Española]]<ref>Benigno Fernández Salgado ''Os rudimentos da lingüística galega: un estudio de textos lingüísticos galegos de principios do século XX, 1913-1936''. Verba. Anexo 47. Universidade de Santiago de Compostela, 2000, páxina 265 </ref>, aínda que se tivo en conta tamén o ''Grande Diccionário Portuguéz'' de [[Domingos Vieira]].
 
== Notas ==