Sans-culotte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
m Arranxos varios
Liña 1:
A expresión '''sans-culotte''' significa literalmente "sen calzóns". O termo está relacionado coas modas e costumes da época, o [[século XVIII]], xa que os sectores sociais máis acomodados vestían cunhas calzas curtas e axustadas (os culottes), mentres que moitos membros do [[Terceiro Estado]] levaban pantalóns longos.
[[Ficheiro:Sans-culotte.jpg|dereita|190px|Cadro representando a un típico ''sans-culotte'' de Louis-Léopold Boilly (1761-1845).]]
Baixo este mote, usado ao principio de forma despectiva e exhibido posteriormente por eles mesmos con orgullo, incluíase a un grupo heteroxéneo de persoas: traballadores independentes, pequenos comerciantes e artesáns (carpinteiros, xastres etc.). Non se incluían entre eles nin aos máis pobres nin á [[burguesía]] acomodada.
 
Os sans-culottes constituían, polo seu elevado número, unha parte importante do [[Terceiro Estado]] da capital francesa. Durante xeracións acháronse expostos a numerosas inxustizas e continuas vexacións por parte dos [[estamentos]] privilexiados. Tiñan, xa que logo, acumulado odio e rancor cara a quen gozaban de todos os luxos.
 
O inicio da [[Revolución Francesa]] significou, para moitos deles, o momento da súa vinganza. Ao estalar aquela, os sans-culottes convertéronse na forza de choque popular que asaltou a [[Bastilla]] e o [[palacio das Tullerías]]. Tamén constituíron a base fundamental do exército francés que se enfrontou ás potencias [[absolutistas]] europeas.
 
Entre [[1792]] e [[1795]], os sans-culottes foron os protagonistas da escena política revolucionaria. Asistían aos debates da [[Asemblea Nacional]], [[Asemblea Constituínte]] e a [[Asemblea Lexislativa (Francia)|Asemblea Lexislativa]] e alí alentaban aos representantes radicais que con maior ardor defendían os duros castigos para os acaparadores de alimentos ou a fixación dun prezo máximo para os produtos de primeira necesidade.
 
Para rematar, hai que sinalar que a presión que exerceron sobre os deputados á hora de votar sobre condenar a morte a [[Luís XVI]] resultou decisiva para que o monarca acabase na guillotina.
 
== Véxase tamén ==
* [[Ideoloxías da Revolución Francesa]]
 
== Ligazóns externas ==