Francisco Macías Nguema: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxo
*da Guinea (segundo a RAG)
Liña 30:
|}
 
'''Francisco Macías Nguema''', cuxo nome real era '''Mez-m Ngueme''', nado en [[Nsegayong]] ([[Río Muni]]) en [[1924]] e finado en [[Malabo]] o [[29 de setembro]] de [[1979]], foi un político deda [[Guinea Ecuatorial]], primeiro [[presidente]] poscolonial do país, de [[1968]] a [[1979]]. Ideoloxicamente autodenominábase [[Marxismo|marxista]], aínda que gabou publicamente a figura de [[Adolf Hitler]]. O partido á fronte do que estaba era o [[Partido Único Nacional de Trabajadores]] (P.U.N.T.).
 
== Traxectoria ==
'''Francisco Macías Nguema''' naceu no seo dunha familia pobre. Na década de 1940 afiliouse ó [[Partido Socialista Guineano]]. Foi nomeado [[alcalde]] de [[Mongomo]] polas autoridades [[colonialismo|coloniais]] [[España|españolas]]. Máis adiante foi membro do Parlamento territorial. Despois deste e doutros cargos ó servizo da administración española, en [[1964]] desígnano vicepresidente do goberno autónomo da [[Guinea Española]]. En [[1965]] entra no Exército e acada o grado de [[Xeneral de Brigada]], con mando sobre uns 8.000 soldados.
 
Desempeñou un papel moi relevante na caída do goberno, debido fundamentalmente á súa popularidade entre a xente do pobo, que vía nel ó dirixente que os sacaría da miseria. Unha amplísima coalición electoral fixo que lograse a Presidencia da nova República deda [[Guinea Ecuatorial]] en outubro de [[1968]], coas bendicións do goberno español do ditador [[Francisco Franco Bahamonde|Franco]].
 
Aínda que ata [[1972]] non se autoproclamou Presidente vitalicio do país, con dereito a elixir ó seu sucesor, baixo o seu [[ditadura|goberno ditatorial]] nunca se celebraron [[eleccións]] libres. Nese momento decidiu asumir, ademais da presidencia vitalicia, os cargos de primeiro ministro e ministro do Exército, Xustiza e Finanzas. Durante a súa presidencia, a Guinea Ecuatorial recibirá o desafortunado apelativo de ''[[Campo de concentración de Auschwitz|Auschwitz]] africano'', e destacará polas execucións políticas. O primeiro ministro do período anterior á independencia (goberno autónomo), [[Bonifacio Ondó Edu]], foi difamado, detido e executado na cadea pouco despois da toma de poder por parte de Macías. Outros funcionarios, entre os que estaba o antigo vicepresidente, [[Edmundo Bossio]], ''suicidáronse'' durante a súa detención.
 
Reprimiu con dureza a oposición, tanto conservadora como a de esquerdas, resultando moi autoritario e duro á hora de impoñer as reformas que tiña en mente. As continuas violacións dos [[Dereitos Humanos]] cometidas polo réxime de Macías provocaron o [[exilio]] ós países veciños ([[Camerún]] e [[Gabón]]) ou [[Europa]] ([[España]] e [[Francia]]) de máis dun terzo da poboación total deda Guinea Ecuatorial.
 
Todo o aparato represor do estado ecuatoguineano (exército e garda presidencial) estaban controlados dun xeito absoluto pola familia de Francisco Macías e outros membros do seu clan. O número de mortos baixo a ditadura de Macías depende das fontes consultadas, establecéndose entre 50.000 e 80.000, ou sexa, entre a sexta e a cuarta parte dunha poboación de 300.000 persoas aproximadamente. Salientaremos algunha das súas loucuras como a prohibición de usar a palabra ''intelectual'' ou a destrución das embarcacións (prohibiu a [[pesca]]). "Africanizou" o seu nome como '''Masie Nguema Biyogo Ñegue Ndong''' en [[1976]] logo de esixir o mesmo ó resto da poboación. As condicións chegaron a ser tan nefastas que ata a súa propia esposa fuxiu do país. Macías desenvolveu un extremado [[culto á personalidade]]. Empregou para si títulos como a de "milagre única" e outros similares.
Liña 45:
O [[3 de agosto]] de [[1979]] o seu sobriño [[Teodoro Obiang Nguema Mbasogo]] organizou, coa axuda de parte do exército, un [[golpe de estado]] que derrocou ó ditador Francisco Macías, quen foi capaz de refuxiarse nun [[búnker]] na selva, onde destruíu as reservas de divisas do país (a divisa do momento era o [[ekwele-bikwele]], que mantiña a paridade coa [[peseta]] española). O país terá que enfrontarse por isto a unha gravísima crise monetaria. Porén, Macías non logrou reunir os recursos necesarios para oporse a Obiang e foi capturado polos rebeldes pouco tempo despois.
O seu sobriño, Teodoro Obiang, que acabaría sendo a súa vez o novo ditador, someteu a un [[xuízo sumarísimo]] diante dun [[Código de Xustiza Militar|Tribunal Militar]], no que Macías foi acusado, entre outras cousas, de [[xenocidio]], deportacións masivas e apropiacións indebidas. Foi condenado á [[Pena de morte|morte]] o [[29 de setembro]] de [[1979]] e [[fusilamento|fusilado]] inmediatamente. O temor que despertaba entre os pobo era tal que ningún soldado deda Guinea Ecuatorial se atreveu a formar parte do pelotón de execución, polo que tiveron que ser soldados [[Marrocos|marroquís]] os encargados de disparar. Macías, seguindo o modelo do ditador [[Haití|haitiano]] [[François Duvalier]] empregaba a maxia para atemorizar á poboación.
 
A día de hoxe, Francisco Macías Nguema está considerado como un dos líderes máis [[cleptocracia|cleptócratas]] da historia da África poscolonial. Foi comparado con [[Pol Pot]] pola súa natureza violenta, imprevisible e anti-intelectual de ámbolos dous réximes.
Liña 51:
== Efectos do mandato de Macías ==
Durante o seu mandato pódense sinalar:
* A obriga de chamar ó presidente "Milagre Único deda Guinea Ecuatorial".
* A prohibición de levar zapatos, levando naquel tempo o "MOTOFUT".
* Renomear todos os nomes con consonancia española.
Liña 61:
 
{{Gobernante
|ESPAZO_POLITICO=Presidente deda Guinea Ecuatorial
|ANTES= '''Goberno colonial [[España|español]]'''
|DESPOIS= '''[[Teodoro Obiang]]'''