Sexenio Democrático: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
*da Guinea (segundo a RAG)
Corrido erro
Liña 55:
:* ''A [[Guerra hispano-estadounidense|guerra de Cuba]]'' (1868 - 1878) Os cubanos pasaron das peticións de autonomía a pedir a independencia. Os cubanos co apoio dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], non aceptaban o réxime político de España nesta illa.
 
:* ''[[Terceira guerra carlista]]'' (1872 - 1876). O pretendente ao trono, autodenominado como Carlos VII, neto de Carlos María Isidro (V na sucesión da liña carlista) devolveu os foros retirados por [[Filipe V de España|Filipe V]] aos antigos reinos forais. Carlos mobilizou un exército de 45.000 homes que lle permitiu formar goberno en [[Estella]] ([[Navarra]]). Esta guerra comezara meses antes da instauración da [[Primeira República Española|I República]]. A insurrección tivo éxito en Cataluña, Navarra e País Vasco e noutros puntos illados do resto de España. Pero o estado carlista necesitaba ocupar unha cidade importante para formar un estado sólido. A cidade elixida foi [[Bilbao]], que foi rodeada polo exército. Pero esta cidade resistiu até a chegada das tropas afonsinas. A derrota dos carlistas produciuse en [[1876]], unha vez se restaurou a monarquía liberal de [[Afonso XII]]. As vitorias afonsinas prodúcense até tomar Estella o [[16 de febreiro]] de 1876 polas tropas dirixidas polo xeneral [[Miguel Primo de Rivera]] y Sobremonte.
 
Carlos VII retírase a [[Francia]] e pon fin a guerra carlista. As consecuencias da derrota carlista centrouse na supresión do foros vascos, creando un movemento que nacería pouco despois, o Nacionalismo Vasco.