Albrecht Dürer: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Obras: arranxiño
m →‎Retratos: Galería Uffizi
Liña 78:
== Retratos ==
[[Ficheiro:Albrecht Dürer 076.jpg|miniatura|''Retrato de Federico o Sabio'']]
O retrato do seu pai de 1490 ([[Galería dos Uffizi]] de [[Florencia]]), foi a primeira pintura que realizou Dürer, cunha gran minuciosidade e realismo e onde se aprecian as influencias da [[pintura flamenga]]. No envés da obra aparecen os escudos familiares do seu pai e da súa nai, polo que se chegou a supoñer que puido ter feito outro retrato á súa nai. Aínda que xa fixera un ''Autorretrato'' en 1484, foi feito como [[debuxo]] coa técnica de punta de prata, e non fixo o seu primeiro ''Autorretrato'' en pintura até 1493, seguramente para llo enviar á súa prometida, tal como suxire a flor de [[rícino]] que sostén entre as súas mans e que simboliza a fidelidade conxugal.<ref name="Fossi2">Fossi (1964) p.2</ref>
 
Establecido en [[1496]] cun taller de seu, o primeiro cliente que lle encargou unha obra foi o elector de [[Saxonia]] Federico III, coñecido coma [[Federico III de Saxonia|Federico o Sabio]], grande admirador do artista. Pediulle a realización dun [[retrato]] e dous [[retablo]]s para a Schlosskirche de [[Wittenberg]].