Navalla de Ockham: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos
m →‎Na ciencia: Teoría do floxisto
Liña 45:
A Navalla de Occan ''non'' é equivalente á idea de que "a perfección é a simplicidade". Isto era o que [[Albert Einstein]] tiña en mente probabelmente cando, en [[1933]] escribiu que "O obxectivo supremo de toda teoría é facer os elementos básicos irredutíbeis tan simple e tan poucos, sen ter que ceder na representación adecuada dun só dato da experiencia", o que se parafrasea a miúdo como "As teorías deben ser tan simples como sexa posíbel, ''e non máis simples''". Con frecuencia a mellor explicación é moito máis complicada que a explicación máis simple posíbel porque require menos asuncións.
 
A Navalla de Occan ten actuado na historia da ciencia de dous xeitos. Un é a redución [[ontoloxía|ontolóxica]] por eliminación e o outro é a competición inter-teorética. Do anterior son exemplos de redución por eliminación: O ''ímpeto'' da física aristotélica, os montores anxélicos da [[mecánica celeste]] medieval, os catro [[humor]]es da medicina antiga e medieval, a [[posesión]] diabólica como explicación das enfermidades mentais, o [[Teoría do floxisto|floxisto]] da química premoderna e os espíritos vitais da bioloxía premoderna.
 
Do segundo caso hai tres exemplos da historia da ciencia nos se escolleron as teorías máis simples de dúas en competencia, das que cada unha explicaba todos os fenómenos observados, preferíndoas ás súas competidoras, máis complexas: o modelo [[heliocéntrico]] [[copernicano]] da mecánica celeste sobre o modelo [[xeocéntrico]] de [[Tolomeo]], a teoría mecánica do calor sobre a teoría do [[calórico]] e a teoría einsteniana do [[electromagnetismo]] sobre a teoría do [[éter luminífero]].