Imperio Español: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
poño referencia
*da Guinea (segundo a RAG)
Liña 8:
|era = [[Colonialismo]]
|ano_comezo = 1492
|ano_fin = 1898<ref group="Nota">É a data recoñecida tradicionalmente para o final do Imperio, pero o certo é que [[España]] mantivo e incorporou varios dominios coloniais en [[África]], os cales perdeu na segunda metade do [[século XX|século {{Versaleta|xx}}]]: o [[protectorado Español de Marrocos]] (independizado en [[1956]]), a [[Guinea Española|provincia unificada deda Guinea Ecuatorial]] (emancipada en [[1968]]), [[Sidi Ifni]] (entregado ao [[Marrocos|Marrocos independente]] en [[1969]]) e o [[Sáhara Español|Sáhara Occidental ou Sáhara español]] (liberado en [[1975]] trala [[Marcha Verde]] e actualmente en situación incerta debida á ocupación por parte de Marrocos).</ref>
|evento_comezo = '''[[Descubrimento de América]]'''
|evento_fin = '''[[Tratado de París (1898)|Tratado de París]]'''
Liña 119:
No entanto, España conservou algunhas fraccións do seu imperio en [[América]], principalmente [[Cuba]] e [[Porto Rico]], como tamén [[Filipinas]] e algunhas illas en [[Oceanía]] como [[Guam]], [[Palau]] ou as [[Illas Carolinas|Carolinas]] e as [[Illas Marianas|Marianas]]. A [[guerra hispano-estadounidense]] de [[1898]] supuxo a perda de case todos estes últimos territorios. As únicas posesións que se salvaron foron as pequenas illas de Oceanía (excepto Guam), que foron finalmente vendidas a [[Alemaña]] en [[1899]].
 
O impacto moral desta derrota foi duro, e buscouse compensalo creando, con pouco éxito, un segundo imperio colonial en África, centrado en [[Protectorado Español de Marrocos|Marrocos]], o [[Sáhara Occidental]] e a [[Guinea Ecuatorial]], que perdurou ata a súa descolonización nas décadas de 1960-1970 ao abandonar a última colonia, o Sáhara, en [[1975]].
 
== Os inicios do Imperio ==
Liña 366:
En calquera caso, o século XVIII foi un período de prosperidade no imperio de ultramar grazas ao crecemento constante do comercio, sobre todo na segunda metade do século debido ás reformas borbónicas. As rutas dun só barco en intervalos regulares foron lentamente substituíndo o antigo costume de enviar ás frotas de Indias, e na [[Anos 1760|década de 1760]], había rutas regulares entre Cádiz, [[A Habana]] e Porto Rico, e en intervalos máis longos co [[Río da Prata]], onde se creou un novo vicerreinado en [[1776]]. O contrabando, que foi o cancro do imperio dos Habsburgo, declinou cando se puxeron en marcha os [[Navío de rexistro|navíos de rexistro]].
 
En [[1777]] unha nova guerra con Portugal acabou co [[Tratado de San Ildefonso (1777)|tratado de San Ildefonso]], polo que España recobraba Sacramento e gañaba as illas de [[Annobon]] e [[Bioko|Fernando Poo]], en augas deda Guinea, a cambio de retirarse das súas novas conquistas en [[Brasil]].
 
Posteriormente, dous feitos conmocionaron a América española e ao mesmo tempo demostraron a elasticidade e resistencia do novo sistema reformado: o alzamento de [[Túpac Amaru II|Túpac Amaru]] en [[Perú]] en [[1780]] e a rebelión en [[Venezuela]]. As dúas, en parte, eran reaccións ao maior centralismo da administración borbónica.
Liña 428:
{{Artigo principal|Protectorado español en Marrocos}}
[[Ficheiro:ProtectoradoMarruecos.png|miniatura|dereita|210px|Posesións no norte de África]]
Desde [[1778]] co [[Tratado de El Pardo]], polo que os portugueses cederon a España a cambio de territorios en Suramérica a illa de [[Bioko]] e os seus illotes próximos así como os dereitos comerciais do territorio entre os ríos [[Río Níxer|Níxer]] e [[Río Ogooué|Ogooué]], España desta forma mantiña unha presenza no [[Golfogolfo deda Guinea]]. No século XIX, algúns exploradores, como [[Manuel Iradier]], cruzaron este límite.
 
Mentres, os enfrontamentos continuaran no Mediterráneo, perdéndose as posicións españolas no norte de África. En [[1848]], con todo, as tropas españolas conquistaron as [[Illas Chafarinas]].
Liña 436:
En [[1860]], tras a guerra contra [[Marrocos]], este país cedeu Sidi Ifni polo [[Tratado de Wad-Ras]]. As seguintes décadas de colaboración franco-española implicaron o establecemento e a extensión de protectorados españois ao sur da cidade, e a soberanía española foi recoñecida na [[Conferencia de Berlín]] de [[1884]]: España administraba Sidi Ifni e o [[Sáhara Occidental]] conxuntamente.
 
España reclamou tamén un protectorado na costa deda [[Rexión deda Guinea|Guinea]] desde [[Cabo Bojador]] ata [[Cabo Branco (Mauritania)|Cabo Branco]]. [[Río Muni]] converteuse nun [[protectorado]] en [[1885]] e en [[colonia (administrativa)|colonia]] en [[1900]]. As reclamacións conflitivas sobre a Guinea foron resoltas no Tratado de París (1898).
 
En [[1911]], Marrocos dividiuse entre franceses e españois. O [[Desastre de Annual]] ([[1921]]) foi unha grave derrota militar inflixida ao exército español, compensada anos despois, o 8 de setembro de 1925, polo desembarco que tivo lugar ao oeste da [[Baía de Alhucemas]] coñecido como [[desembarco de Alhucemas]] dirixida polo xeneral e ditador español [[Miguel Primo de Rivera]].
Liña 442:
Entre [[1926]] e [[1959]], Bioko e Río Muni estiveron unidas baixo o nome de [[Guinea Española]].
 
España perdeu o interese de desenvolver unha extensa estrutura económica nas colonias africanas durante a primeira parte do [[século XX]]. Con todo, España desenvolveu extensas plantacións de [[cacao]], para o que se introduciu a miles de [[nixeria]]nos como traballadores. Os españois tamén axudaron aá Guinea Ecuatorial a alcanzar un dos mellores niveis de alfabetización do continente e a desenvolver unha rede de instalacións sanitarias.
 
En [[1956]], cando o Protectorado francés de Marrocos se converteu en independente, España entregou o seu ao novo Marrocos independente, pero mantivo o control sobre Sidi Ifni, a rexión de [[Tarfaya]] e o Sáhara Occidental. O rei de Marrocos, [[Mohamed V de Marrocos|Mohamed V]], estaba interesado nos territorios españois e desatou a Invasión do [[Sahara Español]] en [[1958]] por parte do exército marroquí. Esta guerra foi coñecida como [[guerra de Ifni]] ou ''Guerra Esquecida''. Ese mesmo ano, España cedeu a Mohamed V Tarfaya e anexionouse [[Saguia el Hamra]] (ao norte) e [[Río de Oro]] (ao sur) ao territorio do Sáhara Español.
Liña 448:
[[Ficheiro:Eq Guinea ES.PNG|miniatura|dereita|A Guinea española]]
 
En [[1959]], outorgóuselle ao territorio español do [[Golfogolfo deda Guinea]] o status de provincia española ultramarina. Como [[Rexión Ecuatorial Española]], era rexida por un gobernador xeral que exercía os poderes militares e civís. As primeiras eleccións locais celebráronse en 1959, e elixíronse os primeiros procuradores en cortes ecuatoguineanos. Mediante a Lei Básica de decembro de [[1963]], as dúas provincias foron reunificadas como a [[Guinea Ecuatorial]] e dotadas dunha autonomía limitada, con órganos comúns a todo o territorio (entre eles un corpo lexislativo) e organismos propios de cada provincia. Aínda que o comisionado xeral nomeado polo goberno español tiña amplos poderes, a [[Asemblea Xeral deda Guinea Ecuatorial]] tiña considerable iniciativa para formular leis e regulacións.
 
En marzo de [[1968]], baixo a presión dos [[Nacionalismo|nacionalistas]] ecuatoguineanos e das [[Nacións Unidas]], España anunciou que concedería a independencia. Xa independente en 1968, a Guinea Ecuatorial tiña unha das maiores rendas per cápita de toda [[África]]. En 1969, debido á presión internacional, España entregou Sidi Ifni a Marrocos. O dominio español no Sáhara Occidental durou ata que en [[1975]] a [[Marcha Verde]] forzou a retirada española. O futuro da antiga provincia española continúa sendo incerto.
 
Marrocos reclama aínda as Illas Canarias, Ceuta, Melilla e as [[prazas de soberanía]] como parte do chamado [[Gran Marrocos]]. A [[Illa Perejil]] foi ocupada o [[11 de xullo]] de [[2002]] pola policía e as [[Forzas armadas de Marrocos]], sendo máis tarde expulsados sen que se producira un baño de sangue polo exército español na [[Operación Romeo Sierra]].